Animalistas propoñen incluír veterinarios nas brigadas contra incendios para atender animais feridos

Critican que a Xunta "segue sen pór en marcha nin un só dos puntos de traballo que reclamou o Parlamento".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

A asociación animalista Libera propuxo incluír veterinarios nas brigadas contra incendios para atender e avaliar aos animais feridos e minimizar o impacto dos lumes. Denuncia, ademais, que a Xunta "incumpre o acordo parlamentario aprobado por unanimidade na Comisión Interior de 2017" onde se reclamaba esta proposta.

Unha pastora escapa do lume co seu rabaño en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Unha pastora escapa do lume co seu rabaño en Pazos de Borbén, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: © Miguel Núñez.

Libera apuntou que "o Executivo autonómico segue sen pór en marcha nin un só dos puntos de traballo que reclamou o Parlamento" o que provoca "mortes evitables con protocolos claros de intervención".

çAdemais, no marco dun lume forestal, "non só se ve afectada a fauna silvestre", senón que tamén a proximidade dalgunhas chamas "chegou a incidir negativamente con explotacións gandeiras", indicou asociación.

Os animalistas suxiren "seguir os pasos de intervencións recentes como Bolivia" que "incluíron aos veterinarios nas brigadas" e propuxeron "crear bolsas de emprego" que reforcen estes equipos e mesmo "cofinanciar estas actuacións con fondos europeos de desenvolvemento rural e rexional".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta