O gran encargo de Feijóo na súa viaxe a Arxentina

O mar e a pesca serán un dos elementos estratéxicos da visita do presidente galego a este país.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2019 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O sector pesqueiro de Galicia con intereses económicos en Arxentina pediu ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que medie ante as autoridades deste país para conseguir melloras de operatividade, como a súa ampliación, no Porto de Madryn, un dos máis empregados pola frota galega no Cono Sur.

O encontro en Porto Madryn é o primeiro da axenda do presidente da Xunta en Arxentina. Feijóo solicitou ás autoridades arxentinas a ampliación das instalacións do porto, "para favorecer á actividade da frota galega que opera nel", segundo informa a Xunta nun comunicado.

Neste contexto, Núñez Feijóo reuniuse cos representantes da autoridade portuaria de Madryn para facer fincapé no "vínculo deste país co mar de Galicia" e destacar "o valor socioeconómico que ten o peirao desta cidade", onde operan catro empresas de capital galego.

O presidente da Xunta, acompañado pola conselleira do Mar, Rosa Quintana, realizará visitas e manterá reunións coas administracións e principais axentes económicos pesqueiros en Arxentina para "profundar" sobre a situación da frota galega no país latinoamericano.

MELLORAS

O Executivo galego destacou que as melloras en materia de operatividade que Feijóo expuxo "poderían captar máis tráfico" pesqueiro de Arxentina ou de España, debido "ás plantas transformadoras de lagostino e pota e as liñas de transporte marítimo en colector que hai na zona".

Posteriormente, Feijóo visitou a Casa de Galicia 'Voces da Nosa Terra' para saudar á colectividade galega, onde reivindicou "os lazos e vínculos" que unen a galegos e arxentinos. O presidente da Xunta aproveitou o encontro para promocionar o Xacobeo 21 e sinalou que "no próximo Ano Santo Galicia converterase nun punto de encontro de linguas, culturas e xente".

Reunión de Alberto Núñez Feijóo con empresarios galegos do sector pesqueiro en Porto Madryn (Arxentina). XUNTA
Reunión de Alberto Núñez Feijóo con empresarios galegos do sector pesqueiro en Porto Madryn (Arxentina). XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Priscilo

E veña a meter o xacobeo en todo canto teña a ver ca xunta e Galiza. Ca máis que monumental crise pola que está a pasar Arxentina hanche vir millóns de pelegríns a Compostela...