O psicólogo Javier Urra tras o crime de Valga: "Os nenos enfróntanse a un sismo emocional incalculable"

"Hai que educar aos nenos en aceptar a ruptura", di e recomenda que os menores que presenciaron o crime volvan ao colexio e a xogar e que reciban "moito amor e calor" da familia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2019 | Actualizada ás 12:51

Comparte esta noticia

O que foi primeiro Defensor do Menor e un dos expertos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o psicólogo Javier Urra, defende que se eduque aos nenos "en aceptar a ruptura desde o respecto" tras o triplo crime machista sucedido este luns en Valga (Pontevedra) onde un home matou á súa ex compañeira sentimental e á irmá e nai desta en presenza dos dous fillos --menores de idade-- da parella.

"O esencial, e que non se está facendo, é educar aos nenos, sobre todo aos homes, en aceptar a ruptura", afirmou Urra en declaracións a Europa Press. "Tres de cada catro nenos separaranse", apuntou en relación ás parellas futuras, para explicar que hai que "ensinarlles a a aceptar disgustos emocionais" porque "non se pode pasar do amor ao odio", matizou.

Neste sentido, apostou por traballar este tema "na escola e no fogar" ante as estatísticas que apuntan a que "tres de cada catro nenos separaranse" no futuro das súas parellas.

"SISMO EMOCIONAL"

Para Javier Urra o vivido por estes dous menores que presenciaron como o seu pai matou "á súa nai, á súa tía e á súa avoa", enfróntanse a un "sismo emocional incalculable". Por iso, aconsella abordar a súa situación con "prudencia" e, sobre todo, con "moito amor e calor" da súa familia extensa.

Despois de afirmar que o "número de nenos orfos é moi alto" debido a crimes machistas, Urra aconsellou "buscar a normalidade" para estes dous menores, de catro e sete anos, para que volvan "ao colexio, a xogar e a estar cos amigos".

En canto á súa familia considerou que "teñen que darlle moito amor, afecto e moita calor". A iso, sumou a importancia de que contar cun psicólogo que "faga un seguimento longo" porque lles "quedou unha marca indeleble". "Crebáronlles a vida, pero poden ser bos pais e boas parellas, sen dúbida", asegurou sobre o futuro porque "o que pode salvar a estes nenos é o amor dos seus seres queridos, levarlles ao colexio e o xogo, non vivir só no recordo do que foi".

"É ASASINATO"

En canto ao triplo crime, este experto considerou, en declaracións a Europa Press, que "é asasinato porque matou a tres persoas e foi a outra localidade onde chamou á Garda Civil". Así, incidiu na "premeditación do feito".

Ademais, Urra comentou que nos feitos "subxace o odio" e lamentou que isto "se xeneralizou en procesos de separación". Tras lembrar que o de Valga "non é o primeiro caso" de violencia de xénero vinculado a unha ruptura.

Saída dun coche fúnebre co corpo dunha das vítimas do tiple crime no concello de Valga na provincia de Valga. Un home de 45 anos, identificado como José Luís Abet, declarouse o autor do asasinato nun posto da Garda
Saída dun coche fúnebre co corpo dunha das vítimas do tiple crime no concello de Valga na provincia de Valga. Un home de 45 anos, identificado como José Luís Abet, declarouse o autor do asasinato nun posto da Garda | Fonte: Álvaro Ballesteros - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta