Por E.P. | OURENSE | 18/09/2019 | Actualizada ás 12:10
A Garda Civil de Allariz (Ourense) detivo este martes día 17 a J.C.P., de 24 anos e veciño de Taboadela, e a C.C.C,, de 31 anos e veciño de San Cibrao das Viñas, como presuntos autores dun delito contra a saúde publica trafico de drogas.
Segundo informou o Instituto Armado, as detencións producíronse xunto á incautación de 63 plantas de cannabis sativa nunha plantación tipo indoor (laboratorio) composta por deshumidificafores extractores lámpadas e outro material.
A plantación intervida estaba situada nunha adega dunha casa deshabitada propiedade do primeiro detido en Vendanova, no municipio de Taboadela.
Ademais, neste operativo foron intervidas sete plantas nun monte próximo á casa. As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución Número 3 de Ourense.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.