Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/05/2025 | Actualizada ás 19:17
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, criticou que o aumento de trens anunciado para a tempada estival polo Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable é un anuncio "insuficiente" que trata de "tapar o caos e as incidencias ferroviarias".
Segundo trasladou a Xunta nunha nota de prensa, o conselleiro denunciou que están acostumados a anuncios que despois "non se cumpren ou non se axustan á realidade", así como á "falta de revisores", os "continuos incumprimentos nos horarios" e os "problemas coa venda de billetes" que "impiden aos usuarios planificar as súas viaxes". Sobre isto último, engadiu que é "incomprensible" que mentres que, a día de hoxe están en venda os billetes de Madrid a Barcelona ata decembro, en Galicia "hai que esperar ata o nove de xuño para ter dispoñibles os billetes ata outubro".
Ademais, a isto sumar, asegurou, que "a menos dun mes" para o 9 de xuño "non se indica a data na que se habilitará a venda", limitándose a dicir que será "proximamente". Nesta liña, o conselleiro subliñou que as 11 frecuencias diarias anunciadas "non son unha novidade" respecto das dispoñibles o ano pasado nas mesmas datas. Así mesmo, detallou Calvo, non se ofrecen concrecións sobre os percorridos nin os horarios nos que se prevén ampliar as prazas nin de que maneira isto vai a supera unha redución nos tempos da viaxe. Finalmente, solicitou ao Ministerio que aclare se o prezo dos billetes vai aumentar.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.