Afectados pola Vía Ártabra, ecoloxistas e políticos piden protexer o espazo natural da Gándara

A Xunta afirma que a Vía Ártabra "cumpre con todas as normativas" e requirimentos ambientais.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 20/09/2019 | Actualizada ás 18:56

Comparte esta noticia

Ecoloxistas, Afectados polas Infraestruturas e políticos apoiaron a lectura dun manifesto en defensa da protección do medio ambiente na área metropolitana coruñesa e reclamando, ademais, que se protexa o espazo natural da Gándara, no municipio de Cambre, afectado as actuacións previstas na Vía Ártabra.

Afectados pola Vía Ártabra, ecoloxistas e políticos piden protexer o espazo natural da Gándara
Afectados pola Vía Ártabra, ecoloxistas e políticos piden protexer o espazo natural da Gándara | Fonte: Adega.

A lectura do manifesto foi a cargo de representantes da Asociación de Veciños Afectados polas Infraestruturas, que se opoñen ao trazado da Vía Ártabra ao seu paso polo municipio de Cambre.

O acto contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, e os concelleiros de Urbanismo e Medio Ambiente, Juan Díaz Villoslada e Esther Fontán, respectivamente. Tamén asistiron, entre outros, o alcalde de Cambre, Óscar García Patiño.

REPOSTA DA XUNTA

A Consellería de Infraestruturas replicou este venres que o proxecto da Vía Ártabra "cumpre con todas as normativas e adáptase aos requirimentos das autoridades ambientais que o informaron favorablemente", á vez que lembrou que o seu trazado foi aprobado polo Consello da Xunta presidido por Emilio Pérez Touriño.

"Se non cumprise a normativa, a Vía Ártabra non podería estar en execución", explicou a Xunta, que indicou que o único pronunciamento xudicial sobre este asunto, relativo á solicitude de paralización cautelar das obras, "foi favorable á Administración".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta