Ferido un octoxenario en Valdoviño tras enfrontarse a tres ladróns cunhas tesoiras

Tratou de defenderse e recibiu o impacto dunha mesa lanzada polos encapuchados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/09/2019 | Actualizada ás 10:38

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil de Valdoviño (A Coruña) tratan de localizar a tres homes que na tarde deste xoves, 26 de setembro, agrediron a un veciño deste municipio na súa vivenda, situada no lugar de O Vilar de Lago, na parroquia de Lago, tras penetrar no seu domicilio coa intención de roubar.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os asaltantes entraron no inmoble encapuchados, onde foron descubertos polo morador, de 83 anos de idade. O octoxenario fíxolles fronte cunhas tesoiras, o que motivou que os delincuentes reprendesen o ataque lanzándolle unha mesa. Apoderáronse do seu teléfono móbil e escaparon do lugar.

LESIÓNS

Foron os veciños, unha vez que o home puido comunicar o sucedido, os que avisaron do incidente á Garda Civil, que iniciou os labores para tratar de localizar aos autores do roubo e agresión.

Pola súa banda, o home foi trasladado a un centro sanitario, xa que presentaba diversas lesións como consecuencia do impacto do moble guindado.

Un suposto ladrón
Un suposto ladrón

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta