Un total de catro persoas foron rescatadas na tarde deste domingo na praia de Carnota grazas á rápida actuación de bañistas, surfeiros e membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Muros. O suceso tivo lugar pouco antes das 17.45 horas, cando unha chamada ao 112 Galicia alertou da presenza dun home e unha muller con dificultades para saír da auga, en plena zona de ondas fortes.

Segundo a información facilitada á central de emerxencias, as dúas persoas estaban acompañadas por un menor que logrou saír polos seus propios medios. Mentres a muller conseguía alcanzar a area, o home quedou atrapado e precisou axuda, o que motivou que varias persoas presentes no areal se lanzasen á auga para socorrelo.
AMPLO OPERATIVO E OPERACIÓN CIDADÁ
A mobilización de medios foi inmediata: desde o 112 avisouse a Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, Garda Civil, o propio GES de Muros e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carnota. Salvamento chegou a mobilizar unha embarcación e o helicóptero Pesca I, aínda que finalmente non foi precisa a súa intervención directa.
Foi a combinación do esforzo dos efectivos de emerxencias e a valentía de bañistas e surfeiros presentes o que permitiu sacar da auga ás catro persoas implicadas. O home que se atopaba en peor estado foi atendido polos servizos sanitarios, aínda que non transcendeu a gravidade da súa situación.
Problemas cos comentarios?
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.
- O PP de Santiago denuncia ante comisaría as protestas realizadas na súa sede polo caso Villares por "vandalismo"
- Un total de 129 facultativos especialistas de área e de persoal incorporaranse como persoal fixo ao Sergas
- Investigan a dous condutores involucrados nun choque frontal en Teo
- Brote de salmonelose nun festival celebrado en Oza-Cesuras, con 94 persoas afectadas
- Sogaps fai un chamamento á acollida de menores saharauís no verán
- A Xunta asume as competencias do litoral e habilitará unha web para dúbidas