O Concello de Carnota lanza un proxecto de voluntariado arqueolóxico

'A Torre dos mouros' será obxecto dunha posta en valor patrimonial para coñecer a súa funcionalidade. Mariña Patrimonio descubre dous novos xacementos.

Por Galicia Confidencial | Carnota | 16/05/2012 | Actualizada ás 21:18

Comparte esta noticia

O concello de Carnota, iniciará este verán o proxecto de voluntariado patrimonial "Torre dos Mouros", polo cal aspira recuperar un espazo arqueolóxico "neodescuberto" recentemente no Monte do Castro en Lira (Carnota).

Para este fin, o concello nacionalista contará coa supervisión do arqueólogo Antón Malde e do profesor e director de culturagalega.org, Manuel Gago. Os traballos, que se desenvolverán ao longo do verán en 3 fases, centraranse en efectuar un desbroce superficial de todo o conxunto, con especial énfase en identificar 3 estruturas murarias, asi como tratar de averiguar a súa datación e funcionalidade, que seguen a ser unha completa incógnita.

Traballo de desbroce inicial

O Concello de Carnota informa nun comunicado que xa solicitou os permisos necesarios á Dirección Xeral de Patrimonio, e coordinará uns traballos que xa comezaron a pasada fin de semana coa limpeza e axeitamento do camiño de acceso ao sitio arqueolóxico. Ademais o municipio facilitará avituallamento e enseres necesarios a cada persoa que desexe contribuir nos traballos. Os interesados poden escribir a info@concellodecarnota.com ou ben chamar ao teléfono 981 85 70 32.

Con esta iniciativa o executivo municipal quere tamén demostrar que malia as dificultades, se usamos a imaxinación e contamos con todos é posíbel seguir desenvolvendo as potencialidades do noso municipio e mellorando a calidade de vida dos seus habitantes, cun custe practicamente cero para as maltreitas arcas municipais.

None

Novos decubrimentos na Mariña

 

A asociación Mariñapatrimonio informou ao Servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura sobre a existencia de dous bens patrimoniais: unha mámoa, coñecida  co nome de A Cova de Ouro e un petróglifo dos denominados reticulados.

Estes dous bens patrimoniais foron incluídos polo citado Servizo de Patrimonio no inventario de xacementos arqueolóxicos da Dirección Xeral de Patrimonio tras as xestións realizadas por esta entidade.

Segundo os  expertos, os petróglifos reticulados son dos máis antigos de Galiza, coñécense poucas rochas con este tipo tipo de gravuras e concéntranse case exclusivamente na provincia de Pontevedra. O túmulo da Cova de Ouro probablemente  deba o  seu nome ao feito de que o ouro frecuentemente  formaba parte do enxoval funerario enterrado  nas mámoas.

Mariña Patrimonio suliña que estes  dous novos achados súmanse á lista de xacementos arqueolóxicos  da Mariña, amosando  a riqueza patrimonial da comarca. Podes consultar fotos aquí.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

8 XST

Tamén hai que recoñecerlle a Manuel Gago a súa incansable loita polo patrimonio deste país que moitos arqueólogos ignoran. Así que é xusto dicilo.

7 JMP

INTRUSISMO nun sector cun paro brutal. Para qué estudar unha carreira se todo o mundo lle pode dar ao sacho? Que vos opere dun tumor cerebral un zoqueiro... Cada un ao seu e menos efectos especiais e Indiana Jones de horta!

1 Akribéstaton

Sei-que não quereis ouvir. Melhor fazer o surdo e repetir os mesmos desqualificativos no canto de precisar. (1) A actuação vai ser superficial (para aplicar um curativo não é mister ser senhor doutor); (2) Há um arqueólogo (mínimo) na equipa; (3) O promotor tem suficientes conhecimento e experiência para saber até onde pode chegar; (4) Quatro anos de estudos (daquela maneira) não valem muito mais que muitos mais anos de estudo e paixão; (5) Por experiências como a do cabo Cocinhadoiro sabemos que a presença dum arqueólogo "de postín" não é qualquer garantia de protecção do património; (6) A actividade abre caminho para que os arqueólogos-em-paro movam o cu, constituam cooperativas, apresentem projetos, procurem financiamento no âmbito local, etc. (7) Em definitivo: eu só vejo inveja nas vossas queixas. Isso sim: super-galeguíssima.

2 Ryder

¿Eres arqueólogo?¿Tienes la licenciatura en Filología portuguesa?¿Tu papá te manda de campamento a EE.UU.?¿La gente en el paro no tiene derechos? Me mola The Walking Dead... mañana opero en algún hospital de Coruña...

3 Akribéstaton

Pois sim, sou "arqueo-logo" no sentido mais pleno da palavra: quem reflexiona sobre as RAZÕES-PRINCIPAIS das cousas. Por ventura consideras que uma actuação publica tem que ater-se exclusivamente ao "critério" de pretensos "expertos" ressentidos? Sei-que sim, se para escrever numa língua há que ser filólogo (e "filo-logo", no sentido pleno da palavra, também sou, ou pretendo ser). É que os direitos caem do céu? A gente em paro não pode mover-se? Tem que ficar no sofá? Tá bom que gostes desse filme: assim vês que até os defuntos movem o esqueleto.

6 nc5w

Nun Pais de 5000 castros isto só pode ser bó. E crear afición e cultura para logo facer excavacións profesionais.

5 jasú mi mare

En resumo, que a "presunta" escavación pasa ser "actuación" (limpa-lo monte) e dirixida por un arqueólogo, pero aínda así non abonda, xaquelogo as relacións do devandito profesional teñen que pasar polo que diga "arqueóloga" en castelán, por certo... Claro que a culpa aínda vai ser do BNG dominado pola UPG e os coreanos/carnotanos do norde.

1 O TEIXUGO

Xa se sabe en este país rozalo monte é gratuito,agora entendo a despoblación do rural.Se son os mesmos que fixeron a "intervención" da pena moura a "actuación" vai mais ala de unha limpeza.

4 outro do gremio

E digo eu; quefan a xunta e un concello do bng permitindo unha excavacion asi?