Podemos e Esquerda Unida reeditarán o seu pacto para o 10N sen a presenza dos nacionalistas de Anova

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino repetirán como cabezas de lista por Pontevedra e A Coruña. Anova non irá ao fracasar "unha fronte ampla" con EU e Podemos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

Podemos Galicia e Esquerda Unida repetirán a coalición En Común --rebautizada despois como Galicia en Común--, coa que obtiveron dous deputados nas eleccións do pasado mes de abril. Segundo fontes da candidatura consultadas por Europa Press, os socios da alianza non prevén realizar cambios na configuración das listas para o próximo 10 de novembro, logo de que Anova decidira non participar desta coalición, a pesar de que mateñen un espazo común de acción no Parlamento.

Deste xeito, a ferrolá Yolanda Díaz repetiría como número uno por Pontevedra, mentres que Antón Gómez-Reino fará o propio na Coruña. Ledicia Piñeiro en Ourense e Vanessa Somoza en Lugo completan a cabeza de lista da coalición.

Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos)
Yolanda Díaz (EU), Xosé Manuel Beiras (Anova) e Pablo Iglesias (Podemos)

ANOVA

Pola súa banda,  Anova Irmandade Nacionalista non concorrerá ás eleccións xerais ao fracasar a súa chamada a articular "unha fronte ampla" das "forzas de ruptura" e para así non contribuír á "atomización" da esquerda.

A través dun comunicado enviado aos medios media hora antes do vencemento do prazo para o rexistro de coalicións para o 10 de novembro, a organización fundada por Xosé Manuel Beiras e encabezada hoxe día por Antón Sánchez anunciou a súa postura de non presentarse ás eleccións do mesmo xeito que xa fixera nos comicios do pasado mes de abril.

"Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás próximas eleccións xerais", di o comunicado de Anova.

"Entendemos que a competición entre diferentes opcións do espazo de ruptura divide a necesaria unidade e non se corresponde coa nosa aposta pola acumulación de forzas, motivo polo que decidimos non concorrer ás próximas eleccións xerais", sinala a organización que encabeza Antón Sánchez.

"FERRAMENTA DA UNIDADE POPULAR"

Horas despois de coñecerse a decisión de Anova, Podemos Galicia emitiu un comunicado no que reivindica Galicia En Común como "a garantía do espazo de cambio e a ferramenta da unidade popular" en Galicia. O secretario xeral da formación morada galega afirma que "o espazo" polo que repetirá como candidato "representa" ao "espazo social" que aposta por "a xustiza social, a igualdade, o feminismo e o medio ambiente".

Así mesmo, Gómez-Reino destaca o "compromiso" do partido que encabeza "coas organizacións irmás coas que traballamos a diario nos grupos parlamentarios do Senado, o Congreso e o Parlamento de Galicia en defensa dos intereses do país".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta