Detido un piloto kamikaze que logrou fuxir tres veces da Garda Civil

Os axentes tiveron que acudir ao seu posto de traballo para poder detelo.

Por Galicia Confidencial | Ames | 30/09/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A Garda Civil da Coruña detivo no seu posto de traballo a un veciño de Milladoiro (A Coruña) que protagonizou este mes de setembro até tres fuxidas "temerarias" da Garda Civil cando tentaban darlle o alto por conducir sen puntos no carné.

Control da Garda Civil de Tráfico
Control da Garda Civil de Tráfico | Fonte: Garda Civil

Segundo narraron os axentes, os feitos remóntanse ao día 1 de setembro, cando unha patrulla sorprendeu ao home conducindo sen cinto de seguridade pola estrada AC-543. Ao aproximarse, os gardas civís identificaron ao condutor, que é "un vello coñecido das forzas de seguridade" por distintos incidentes e que se atopaba co permiso de circulación retirado por perda de puntos.

Con todo, ao tratar de darlle o alto, o condutor "fixo caso omiso das indicacións da Garda Civil", realizando "unha manobra prohibida e emprendendo a fuxida a gran velocidade".

Posteriormente, o día 9, outra patrulla localizou ao home circulando pola N-550, ao seu paso por Milladoiro, e trataron de novo de darlle o alto. O condutor aumentou entón a velocidade do vehículo, pasando as marcas de separación dos carrís e circulando en sentido contrario, o que obrigou a varios condutores a esquivalo.

Ante o risco que supuña para o resto de usuarios da vía, e a identificación sen xénero de dúbidas do condutor, os axentes optaron por non continuar a persecución. Finalmente, o infractor foi sorprendido unha última vez a finais deste mes circulando pola N-VI no Concello de Teo. A patrulla comunicou o feito a outros gardas civís que se atopaban pola zona e montouse un dispositivo para interceptar, nunha zona dotada de barreira física de formigón entre ambos os lados de circulación. 

Ao verse sorprendido, o condutor realizou un xiro e emprendeu a marcha en sentido contrario ao fluxo de circulación, incorporándose despois a unha vía transversal e obrigando de novo a outros usuarios a facer manobras evasivas. De feito, bateu contra outro veículo que se incorporaba á N550 á altura das Galanas.

Ante a ameaza que esta persoa supuña para a seguridade viaria, a Garda Civil decidiu indagar a localización do seu posto de traballo, onde se personaron e procederon á súa detención acusado de seis delitos contra a seguridade viaria.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta