EU denuncia a "manipulación" de Galicia Bilingüe

A formación comunista desmente que acudira á presentación dunha publicación do colectivo cidadá crítico coa normalización.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 19/05/2012 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

Galicia Bilingüe presentou a pasada semana a revista "Vosotros", destinada a "divulgar a Historia de Galicia, a súa Literatura e demais xéneros de expresión cultural, dun xeito independente e a marxe do idioma utiliza". A plataforma contraria á normalización da lingua propia publica na súa web que "asistieron la Delegada de la Xunta en Vigo y representantes del PPdG, PSdG, EU, UPyD, miembros del Cuerpo Consular y representantes del asociacionismo empresarial y social".

O coordinador local de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez, desminte que algún representante de dita formación participara na presentación.

Aínda que Esquerda Unida confirma que foi invitada por Galicia Bilingüe, non asistiu, pois "os principios de defensa da lingua galega defendidos pola nosa formación son incompatibles cos que defende Galicia Bilingüe". Esta forza política é un dos membros da plataforma Queremos Galego e, de feito, chamou a participar na protesta do xoves.

"Vosotros" pódese descargar de balde nos dous idiomas na web do colectivo que preside Gloria Lago, que mantén só o seu portal unicamente en castelán malia facer campaña en teoría pola igualdade das linguas. Na presentación desta revista, GB suliñaba que 'Vosotros' impulsará "la creación artítica de los más jóvens sin aranceles lingüísticos y se trabajará para lograr que se abran las puertas de la Cultura en Galicia a los creadores en ambas lenguas, también en lo relativo a las ayudas oficiales, que, en la actualidad están restrigidas sólo a una de las lenguas de Galicia". Deste xeito, GB tamén podería obtar as axudas por publicar en galego tal e como reciben outros xornais xeralistas que non empregan o galego máis alá do 10% do total da publicación.

None

Ademasis, na versión en español da revista impresa, o colectivo emprega topónimos deturpados, como, por exemplo, Santa Eugenia de Ribeira. Precisamente, este último concello, ou o da Pobra, ambos os dous do PP colaboran publicitariamente nesta revista.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

4 DANTON

Izquierda Unida o la Ilustración Gallega y Asturiana. Xacobenismo español: sen república, sen esquerda, sen Nin, e con´monarquía e de las JONS. Pode valer o xénero folclórico da terra de campos, la gallegada. Coido etimológicamente obsceno, e dicer, fora da cena, este día do sadomasoquismo colonizado.

3 Non sería a primeira vez

Claro que, para a nossa (relativa) surpresa, entre as poucas pessoas que assinárom o manifesto em defesa do espanhol que essa entidade promove, encontramos o que até há dous dias era concelheiro de Obras na Cámara Municipal da nossa cidade, Miguel Reimúndez, do grupo municipal de Izquierda Unida. Temos certeza que o seu gesto de apoio aos ultras antigalego nom reflecte nem sequer o sentir da maioria da militáncia do seu partido, para já nom falarmos da sua importante massa de votantes no nosso concelho, que mui maioritariamente apoia as actuaçons em defesa da extensom de usos do galego. Por isso achamos importante dar a conhecer a posiçom deste cargo público ferrolano num tema tam importante para Ferrol como o necessário apoio ao avanço social do idioma próprio da Galiza.

2 Antón

De ser certa, sería un exemplo de congruencia, a postua de EU. Pois a ver se cunde o exemplo e amosades a mesma congruencia que agora non tedes en Asturias e Andalucia, onde tivechedes a pouca vergoña de pactar co pupulismo lerrouxiano-semifascista de UPyD e de marxinar o sector de Sánchez Gordillo, precisamente o mais congruente e reivindicativo en Andalucia.

1 iuPyd

E tamen desminten que van gobernar coa ultradereita española en Asturias? Que el señor los tenga en la Gloria.