Quéixome do engano

O Goberno de Mariano Rajoy quere garantir o futuro das xeracións vindeiras.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 21/05/2012

Comparte esta noticia

 Ó Partido Popular preocúpalle o que está a pasar hoxe (é perentorio e é ademais a súa obliga), pero non se desentende da posteridade, dos efectos que poden ter mañá as medidas que adopte hoxe. Rajoy, o seu Goberno e o partido que o respalda, non pretende inhibirse das súas responsabilidades de goberno como fixeron outros.

E iso a pesar de que algunhas desas medidas non foran adoptadas por convicción senón por obrigación. Si, é así, refírome á manida, pero moi presente e real, herdanza recibida, ese legado do que renegan con tanto énfase os socialistas e sobre a que, con alevosía y reiteración, tanto mentiron. Gobernar, como moi ben definiu nalgunha ocasión o presidente Núñez Feijoo, consiste en dicir a verdade e xestionar a realidade.

E non vou enumerar a retahíla de erros, mentiras e incumprimentos que lles debemos ós socialistas. Pois ante un contexto tal, hai que reaccionar e actuar; tomar decisións que, pese a ser excepcionais e temporais, provocan unha lóxica inquedanza entre a cidadanía. Rajoy, a maiores dos reaxustes ós que as circunstancias obrigan, adícase a rectificar o que se fixo mal e a poñer en práctica o plan de actuación previsto: puxar por acadar a estabilidade orzamentaria poñéndolle coto a un déficit disparado e acometer reformas estructurais, entre as que destacan a reforma laboral e a reestructuración do sistema financieiro. Baixo a premisa da austeridade, a ampla acción reformista que está a levar a cabo o Goberno pretende, como fin último e principal, recuperar o crecemento económico e dinamizar o mercado laboral.

E nesa dirección encamíñase o paquete de medidas que se están a aplicar. Mariano Rajoy falou claro durante a comparecencia que tivo esta semana no Senado: “non me queixo da herdanza senón do engano”. Porque é inengable, por moito que os socialistas tenten desviar a atención hacia outros asuntos, que as súas mentiras están a condicionar sustancialmente a actuación do seu gabinete. Rajoy quere, así o dixo tamén na Cámara Alta, que o legado que deixe o seu Goberno se achegue máis ó que recibiu Zapatero no 2004 que ó que lle quedou a el hai catro meses. Xa se sabe, dilapidar é sinxelo; atesourar recursos algo máis complexo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog