Un home detido en Ourense por roubo con arma branca nunha gasolineira

O detido puxo supostamente un coitelo no abdome dun dos traballadores e ameazouno para que lle entregase o que había na caixa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/10/2019 | Actualizada ás 21:13

Comparte esta noticia

A Policía Nacional de Ourense detivo na tarde deste martes a un home como presunto autor dun roubo con arma branca producido ás 5,00 horas da madrugada na rúa Progreso.

Segundo informa a Policía, o detido puxo supostamente un coitelo no abdome dun dos traballadores e ameazouno para que lle entregase o que había na caixa, na que había un total de 85 euros.

Tras contar coa colaboración da Policía Local, proceder á detención ao fío das 20,00 horas, co seu traslado a comisaría. A identificación do individuo produciuse pola descrición da vestimenta que levaba un cliente ás 3,00 horas da madrugada. O presunto autor conta con "numerosos" antecedentes.

Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL
Axente da Policía Nacional. POLICÍA NACIONAL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta