O Concello de Valga personarase na causa xudicial polo triplo crime machista

Segundo explicou o Concello, o obxectivo é "defender os intereses xerais" dos veciños desta localidade e, en particular, "da familia do tres mulleres asasinadas".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 03/10/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

A corporación municipal de Valga (Pontevedra) aprobou por unanimidade a personación do Concello no proceso xudicial aberto tras o triplo crime machista ocorrido o pasado día 16 de setembro, que acabou coa vida de Sandra e Alba Boquete e María Elena Jamardo.

Diso informou este xoves o Consistorio nun comunicado, no que explica que o acordo se adoptou no pleno ordinario celebrado na tarde do mércores a proposta do equipo de goberno.

Segundo explicou o Concello de Valga, o obxectivo é "defender os intereses xerais" dos veciños desta localidade e, en particular, "da familia do tres mulleres asasinadas".

Deste xeito, os servizos xurídicos do Consistorio solicitarán ante o Xulgado de Primeira Instancia de Caldas de Reis, encargado da instrución do caso, poder tomar parte no proceso en calidade de acusación pública exercendo a acción popular.

Manifestación de repulsa en Vigo polo triplo asasinato de Valga
Manifestación de repulsa en Vigo polo triplo asasinato de Valga | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta