Temas: PESCA PP

O PP critica a obrigatoriedade de fichar a xornada laboral a bordo dos barcos pesqueiros

O vicesecretario de Participación do Partido Popular, Jaime de Olano, argúe que "como centros de traballo non son equiparables a unha oficina ou unha fábrica en terra".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/10/2019 | Actualizada ás 19:14

Comparte esta noticia

O vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, criticou este xoves a obrigatoriedade de fichar a xornada laboral a bordo dos barcos pesqueiros.

Pesca
Pesca | Fonte: Europa Press.

Tras reunirse cos representantes do Porto de Celeiro e da Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro), Olano explicou que os barcos "como centros de traballo non son equiparables a unha oficina ou unha fábrica en terra", nin polos seus horarios nin polos sistemas de retribución, "xa que hai embarcacións que están a faenar máis dun mes con horarios diferentes cada día.

Así, sinalou, mentres que na pesca de altura se dan circunstancias de longos períodos de tempo en altamar, na pesca artesanal o sistema de fichaxe "é inviable", porque os traballadores "cobran por captura e non por horas traballadas", de maneira que "cando non hai capturas suficientes non hai unha retribución completa".

Para o dirixente popular, esta nova normativa supón "un agravio" motivado polo "descoñecemento e a falta de sensibilidade e de diálogo co sector pesqueiro, que se suma ao golpe propiciado hai uns meses polo Goberno socialista ao aplicar unha forte suba aos recibos da Seguridade Social para a maioría dos traballadores do mar, especialmente os de dá baixura".

Temas: PESCA PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta