Unha nova fronte atravesará Galicia e deixará choivas e ceos cubertos

Producirase un importante descenso térmico.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 13/10/2019 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

Galicia recibirá este luns unha nova fronte que atravesará o territorio galego e deixará choivas xeneralizadas ao longo do día. O aviso amarelo permanecerá activo na montaña de Ourense durante as primeiras horas da madrugada, entre as 00,00 e as 03,00 horas.

Un home tenta loitar contra os efectos da chuvia do temporal que trouxo a borrasca Beatriz en Vigo
Un home tenta loitar contra os efectos da chuvia do temporal que trouxo a borrasca Beatriz en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Os ceos permanecerán cubertos durante todo o día con choivas máis persistentes na mañá. Pola tarde poderán ser máis intermitentes e Meteogalicia non descarta que veñan acompañadas de aparello eléctrico.

Pola súa banda, as temperaturas sufrirán un lixeiro ou moderado descenso, con 18 graos de máxima na Coruña, Pontevedra e Ourense mentres que as mínimas aparecerán en Lugo, cun descenso de até os 8 graos.

En canto ao vento, soprará frouxo en xeral e de compoñente oeste, aínda que poderán ser máis fortes no terzo norte da Comunidade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta