Vía Galega inicia unha campaña contra a "sangría" da emigración galega

A plataforma esixe medidas concretas ao Parlamento para acabar coa "sangría" da emigración. Nos próximos días presentarán unha moción na Xunta e poñerán en marcha unha campaña para chegar a vilas e cabeceiras de comarca.

Por Uxía Iglesias | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2019 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

Baixo o lema 'Non emigramos, expúlsannos', a plataforma Vía Galega vén de presentar unha campaña contra "as políticas que non son capaces de crear emprego de calidade no país". Nunha rolda de prensa celebrada na mañá deste luns, María Xosé Bravo, portavoz da organización, explicou que expoñerán unha moción con "medidas concretas" para acabar coa "sangría" da emigración. Será o vindeiro luns 21 cando a presenten na Xunta de Galicia e a todos os grupos parlamentarios. 

No acto de presentación da campaña 'Non emigramos, expúlsannos'
No acto de presentación da campaña 'Non emigramos, expúlsannos'

Bravo comezou a súa intervención recitando uns versos de Celso Emilio e recordando os datos da emigración galega na actualidade: nos últimos dez anos, 216.000 persoas de entre 16 e 54 anos marcharon de Galicia, e a mocidade menor de 30 anos que saíu buscar traballo fóra do país ascende a 80.000. "As familias fan un esforzo grandísimo para que os fillos e fillas teñan a mellor formación, e logo facemos que esa xeración xere riqueza en Londres, Berlín e por toda Europa", criticou a portavoz, que estaba acompañada na mesa por Lucía Veciño, de Galiza Sempre, por Víctor Sanabria, de Erguer, por Salvador Soutullo, de Maruxía, e por Anxo Louzao, tamén de Vía Galega. 

MEDIDAS CONCRETAS

"Cremos que basta xa. Non pode ser que no século XXI sigamos padecendo a emigración", sentenzou María Xosé Bravo. Dende a plataforma queren chegar a todas as vilas e cabeceiras de comarca cunha campaña que conciba a emigración como "emerxencia nacional". Tamén se poñen o obxectivo facerse escoitar no Parlamento, "que é quen verdadeiramente ten a posibilidade de implantar outras políticas". Por iso, instan a que fagan do emprego de calidade un dos seus obxectivos básicos.

Esixen a defensa da base produtiva do país e dunha "economía autocentrada", que mobilice todos os recursos galegos para xerar emprego e riqueza. Tamén isntan a poñer en valor o sector agroganeiro e o da pesca, e a que aposten pola industrialización. 

Defensa da base produtiva do país e dunha eco autocentrada, que movilice todos os recurso que temos para xerar emprego e riqueza. poñer en valor Sector da pesca, agrogandeiro, que aposten pola industrialización. que sexan capaces de chamar polas miles de persoas que están fóra. Segundo explican, a emigración que sofre o país "non é un castigo bíblico", senón a "falta de políticas" que xeren emprego de calidade.

"Cómpre saber que temos un problema e que a solución está aquí dentro". Bravo asegura que fronte ao problema demográfico e o baixo íncide de natalidade, "teremos que poñer medidas", mais considera que "de nada valerán se logo botamos do país aos mozos e ás mozas". 

SOLIDARIEDADE COS PRESOS CATALÁNS

Vía Galega aproveitou tamén para mostrar a súa solidariedade dos presos e presas políticos cataláns e con todo o pobo de Cataluña. "Queremos mostrar o noso rexeitamento a unha sentenza inxusta. Querer decidir democraticamente non pode ser un delito", asegurou a portavoz, que explicou que o Estado español usa todo o seu "poder represor" contra unhas persoas "que quixeron botar e exercer o seu dereito a decidir".

Por isto, animou a todas as persoas a saír á rúa este luns ás 20:00 nas sete cidades galegas onde a plataforma Galiza con Catalunya ten convocadas manifestacións para amosar o "rexeitamento ás medidas represoras", que, segundo indica Bravo, "non van rematar coas ansias do pobo catalán". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta