A Real Academia Galega entrega os premios 'Primavera das Letras'

O concurso dá a coñecer como celebrou o Día das Letras o alumnado de menor idade e premia a implicación dos colexios na divulgación da lingua e a cultura galegas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/10/2019 | Actualizada ás 10:17

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega entregará este martes, a partir das 12,00 horas, os premios 'Contádenos o voso Día das Letras' aos tres centros gañadores: o CEIP de San Roque de Darbo, en Cangas; o de Ponche do Porto, en Camariñas; e o CPI de Bembibre, en Val do Dubra.

A académica Fina Casalderrey será a encargada de conducir o acto, no que tamén participarán Avelino Martínez, sobriño de Antonio Fraguas, e representantes de Xerais, Galaxia, Bolanda e Kalandraka, as catro editoriais que colaboran na dotación dos premios.

Este concurso forma parte do proxecto 'Primavera das Letras', co que a Real Academia Galega fornece a comunidade educativa de infantil e primaria de material lúdico e didáctico ao redor da vida e obra da figura recoñecida cada 17 de maio.

O concurso pretende dar a coñecer como celebrou o Día das Letras o alumnado de menor idade e premiar a implicación dos colexios na divulgación da lingua e a cultura galegas. Nesta edición participaron máis de 80 centros.

Primavera das Letras, da RAG
Primavera das Letras, da RAG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta