Evacuadas catro persoas por inhalación de gases polo mal funcionamento dun quentador na Coruña

Por E.P. | A CORUÑA | 16/10/2019 | Actualizada ás 11:23

Comparte esta noticia

Catro persoas foron evacuadas a un centro sanitario afectadas por inhalación de gases debido supostamente ao mal funcionamento dun quentador nunha vivenda na Coruña.

Así o informaron a Europa Press fontes do 112 Galicia, que sinalaron que os feitos sucederon sobre as 8,30 horas deste mércores nunha vivenda na rúa Novoa Santos da cidade herculina.

Ata o lugar acudiu persoal sanitario de urxencia, efectivos dos Bombeiros da Coruña e os axentes da Policía da Coruña. Aínda que os bombeiros indicaron que na vivenda había cinco persoas, o 061 trasladou a catro a un centro sanitario.

O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA
O servizo de bombeiros da Coruña incorpora un sistema de comunicacións digit. CONCELLO DA CORUÑA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta