O delegado do Goberno en Galicia cre "moderada" a actuación da Policía en Cataluña fronte á "violencia extrema"

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou a "moderación" dos axentes desprazados a Cataluña fronte ao que cualificou como "violencia extrema".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 22/10/2019 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, destacou a "moderación" dos axentes desprazados a Cataluña fronte ao que cualificou como "violencia extrema". Así, ao ser preguntado sobre as denuncias de sindicatos policiais reclamando máis medios tras os feridos rexistrados entre os axentes, Losada asegurou que "hai tantos feridos porque houbo unha violencia extrema".

Unidades da Garda Civil despregados en Cataluña ante a convocatoria de folga pola sentenza do procés
Unidades da Garda Civil despregados en Cataluña ante a convocatoria de folga pola sentenza do procés | Fonte: AUGC.

Por iso, felicitou á Policía Nacional e á Garda Civil "polo labor encomiable" que están a realizar "nunhas condicións como vimos moi complexas e moi difíciles". "Felicitarlles pola moderación no seu traballo e na defensa das liberdades e a convivencia".

Losada insistiu, así mesmo, ante o número de axentes feridos, en que "non é que non houbese precaución" á hora de afrontar o operativo. "Se non que a violencia é moi importante e intensa", dixo o delegado do Goberno, quen culpou "ao señor Torra e a Generalitat" da "falta de control".

Mentres destacou a evolución favorable dos dous axentes desprazados desde Galicia e que se atopan hospitalizados en Barcelona.

PETICIÓN DO SUP

Por outra banda, tras a chegada este martes desde Cataluña do grupo do VIII Unidade de Intervención Policial con sede na Coruña, o Sindicato Unificado de Policía (SUP) pediu ao delegado do Goberno que os compañeiros desprazados sexan "xenerosamente recompensados e gratificados en base ao esforzo realizado".

Segundo informan, o delegado do Goberno en Galicia agradeceulles o labor dos axentes e comunicoulles que trasladará a petición á Dirección Xeral da Policía (DGP).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta