Modelo validado

As reformas precisan tempo para que provoquen o efecto desexado. Hai que ter algo de paciencia. Pero transcurrido un prazo prudencial, pode verificarse o seu resultado.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 12/06/2012

Comparte esta noticia

 O control do déficit que aplicou Núñez Feijoo dende que asumiu as súas responsabilidades e que estableceu coma un dos pilares básicos da súa acción de goberno, acadou obxectivos dende o primeiro momento. Así, nos últimos exercizos orzamentarios cumpriu a meta fixada e equilibrou as súas contas, a única comunidade autónoma que o fixo.

É certo que eso conlevou sacrificios, e que cando principiaron a aplicarse as medidas encamiñadas nesa dirección, na que se implementaban na linguaxe política conceptos estrictamente económicos como austerididade e excelencia, algúns amosáronse escépticos. Certo é tamén que ese escepticismo hai que encuadralo no contexto correcto e ter presente quen o manifestaba ou, máis exactamente, a que ideoloxía política representaba. É labor de oposición, comprensible; pero ás veces o interese xeral debería antepoñerse ó partidista, máxime ante unha situación tan complicada como a actual.

Obviando eses matices, do que non hai dúbida é que os resultados están aí, obxectivos e contrastables. Demostran, polo tanto, ademais de que os cambios aplicados na política económica precisan tempo para poder ser avaliados (insisto nelo porque é un aspecto transcendente), que son acertados. Galicia converteuse así no precedente, sustentando por resultados, que valida o modelo que tamén está a apricar o Goberno que preside Mariano Rajoy. Se a estratexia funcionou en Galicia, parece acertado augurar, sen medo nin complexo, que tamén funcionará no Estado.

Primeiro hai que sanear (e hai moito que facer aínda neste eido) porque é só a través da austeridade e das reformas estructurais como se pode avalar un crecemento económico sostible. A austeridade (pese a que algúns insistan no contrario) non é incompatible con políticas orientadas a favorecer o crecemento e esta proposta de Rajoy está a contar co respaldo maioritario dos líderes europeos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog