Fútbol, pan e circo

«Panem et circenses» («Pan e circo») é unha locución latina peiorativa de uso actual que describe a práctica dun goberno que para manter tranquila á población ou ocultar feitos controvertidos, provee ás masas de alimento e entretemento de baixa calidade e con criterios asistencialistas.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 13/06/2012

Comparte esta noticia
A frase foi creada no século I polo poeta romano Juvenal e se atopa na súa Sátira X (81). Na súa orixe describía a costume dos emperadores romanos de agasallar trigo e entradas para os xogos circenses (carreiras de carretas e outros) como forma de manter ao pobo distraído da política.
 
E parece que os únicos que teñen a valentía (ou a loucura) de reivindicar que se tomen medidas coa débeda do futbol, son os do BNG, pero o certo é que hai cousas no estado ben contradictorias. Reclamanse medidas para paliar a crise no que se refire a recortes, aforro, cobro de devedas a facenda e á seguridade social, e por outro lado, tápase a déveda multimillonaria do futbol co ente público, permíteselles aos clubes que sigan facendo fichaxes millonarias e ningún dirixente asume responsabilidades ao respecto.
 
Está ben que países como o noso (Galiza) teñan dous equipos na primeira división española, e está ben reclamar seleccións nacionais de futbol, pero ao mesmo tempo, é necesario que os dereitos das empresas e cidadáns sexan iguáis para todos e de feito, parece como si o futbol, como opio e distracción do pobo, estivese á marxe de calquer medida.
 
Empresas, autónomos, emprendedores e cidadáns de a pé, están obrigados a pagar os seus impostos e denon facelo, son sancionados con recargos, reciben apremios e mesmo embargos mentras escoitan eleen que os clubes de futbol manteñen débedas multimillonarias áseguridade social e facenda mentras siguen dirixidos en moitos casos e sen problema ningún coa xustiza por aqueles que provocaron esa débeda.
 
Con esta situación, a credibilidade de gobernos que permiten en tempos de grave crise estas diferencias, debera estar en entredito, pero os mesmos maltratados, son curiosamente os siareiros que aclaman aos seus clubes e selección e mesmo se manifestarían contra unha intervención deses clubes, así que, "sarna con gusto non pica".
 
Cando o goberno de Aznar declarou o futbol de "interese xeral" non se equivocaba, pois estaba emulando a Xulio Cesar cando repartía entre o seu pobo pan e entradas ao circo, só que neste caso, aínda hai polo medio intereses televisivos, económicos (non os dos cidadáns) e de patriotismo barato.
 
O estado español está intervido (que lle chamencomo queiran) pero o importante é que suban Celta e Deportivo e que a selección española gañe a eurocopa, aínda que nos esteñan metendo numerosos goles aos cidadáns....
 
Pois veña futbol, pan e circo...

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog