Poetas da farsa

"O poeta é aquel capaz de rexistrar o inefable. Precisase unha alquimia verbal que nacida dunha alucinación dos sentidos, se exprese como alucinación das palabras. Esas invencións verbais terán o poder de cambiar a vida" Arthur Rimbaud.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 07/05/2012

Comparte esta noticia
Escoito moitas veces eso de que a poesía galega está nun dos seus millores momentos, loxicamente na parte da creación, pois no editorial, e no número de lectores, é ruinosa, pero aínda así, sinto non poder compartir esa afirmación, que por certo fan moitos dos máis coñecidos poetas nunha especie de corporativismo poético-patético.
 
Moitos dos máis recoñecidos poetas contemporaneos galegos, viven nunha especie de teatro absurdo, nunha pose estetica que lonxe de representar a verdadeira poesía, semella máis unha farsa sostentada polo lientelismo, as relacións, círculos pseudoliterarios, amiguismos politicos e outras monsergas que pouco ou nada teñen que ver coa poesía.
 
Efectivamente hai grandes poetas en Galicia, pero casi ningún dos millores é dos máis coñecidos nin recoñecidos polo editorialismo nin a cultura oficial a pesares de ser os máis activos, os máis modernos, os máis comprometidos e os máis arriscados e innovadores. 
 
Como sempre e en casi todo, os millores son esquecidos ou apartados hacia unha marxinalidade por causas ideolóxicas en moitos casos, e non só por parte do poder politico sinón tamén por parte de aparataxes de control ideolóxico.
 
O nacionalismo con representación institucional en Galicia designa poetas "oficiais" e deixa nun deliberado esquecemento a grandes poetas considerados como renegados.
 
A mediocridade, instalase tamén na literatura, e polo tanto na poesía en función de valoracións non sempre de calidade literaria sinón de discurso ou proximidade a aparatos de poder.
 
O esquecemento de Celso Emilio Ferreiro no seu centenario por parte dos poderes públicos pero tamén por parte do galeguismo e do nacionalismo institucional é lamentable. Mentras, poetas xóvenes, músicos, e artistas reivindican a obra literaria de Celso Emilio.
 
Algúns, nunha loable labor editorial que non se discute, e confundindo otouciño coa velocidade parecen ser poetas de calidade incuestionable só por escribir versos supostamente trascendentes e sobre todo pola estética ridícula que os acompaña.
 
Estes, son nomeados presidentes de clubes literarios, asociacións, e entidades subvencionadas e exercen de bufóns nunha farsa máis próxima á politica que á poesía. Recitan versos en actos institucionais e fan de figuríns en medios de comunicación.
 
Pero hai unha boa poesía galega viva, independentemente de estilos e tendencias, activa, recitada e cantada en festivais e tascas, imaxinativa, e lamentablemente apenas publicada pero deliberadamente esquecida por ser libre, non sometida a modas e intereses nin pregada a poderes de ningún tipo.
 
Esa poesía bebe dos millores e comprometese, non se abuchara diante de nada nin de ninguén e sae da letanía de sempre. Esa é a única e verdadeira poesía galega, porque ao final, so hai boa ou mala literatura, e esto non depende nin de encumbramentos de autores por simpatias politicas nin de burdas proclamas do gusto dos que manexan algun tipo de poder. 
 
Poetas clasicos xa desaparecidos como Curros ou Celso Emilio, alguns que vivos son tamen clasicos como Ferrin ou Dario Xoan Cabana, contan hoxe con dignos representantes desa poesia de calidade en poetas como Anxo Angueira e poetas para o futuro como Maria Lado, pero non todo o que reluce e ouro, ainda que hai moitos mais.
 
En definitiva, na poesía galega, como no resto, "nin son todos os que están, nin están todos os que son".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog