Comprometido por Galicia

Despois de casi tres anos alonxado da vida politica activa, e tendo en conta a dificil situación na que se atopa o País no plano económico pero na perda tamén de dereitos e polo retroceso que estamos a padecer en casi todos os ámbitos, chega o momento de tomar decisións, dar un paso adiante e axudar.

Por Antón Tenreiro | Oleiros | 03/07/2012

Comparte esta noticia
Cando deixei a militancia critiquei o paso atrás dado polo nacionalismo, o seu sectarismo, e mesmo o sistema asambleario como instrumento efectivo na eficacia politica para defender os intereses de galegos e galegas.
 
O tempo volveu a deixar claro un novo retroceso no apoio social e unha posterior ruptura entre as forzas nacionalistas.
 
Toca pois, criar un novo instrumento, un partido forte, democrático, áxil e aberto ao conxunto da sociedade e con vocación de poder para gobernar os designios de Galicia, toca comprometerse con politicas reais, abordar a construcción dunha forza politica que non sexa suma de partes sinón un todo.
 
Pensemos, máis que nunca que ninguén, máis que nós mesmos vai resolver os nosos problemas nin defender as nosas riquezas e potencialidades,
pero sin sectarismos nin exclusións, contando con todos, traballadores, parados , empresarios, mocidade, galegos e galegas en definitiva, que somos os donos do noso destino e precisamos dun instrumento ao noso servizo.
 
Ese instrumento debe ser un partido politico forte, transparente, moderado nas formas pero firme na defensa dos nosos intereses, a casa de todos e cada un dos galegos, moderno pero amarrado ás nosas tradicións, á nosa lingua e á nosa historia, para desde Galicia, ser referencia no mundo.
 
Esto non será posible sin un compromiso firme, un COMPROMISO POR GALIZA que eu estou disposto a asumir. E ti?

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Antón Tenreiro Concelleiro en Oleiros entre 1999 e 2007 (Membro do goberno entre 2003 e 2006). Entre 2007 e 2009 foi asesor de Vicepresidencia no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Abandona o BNG en xullo de 2010. O seu blog blog