Por Monty | GC ABERTO | 12/06/2012
Finalmente a Deputación de Ourense recua e mantera o funcionamento da Escola de Artes e Oficios durante o vindeiro curso. Esta decisión comunicouna directamente o presidente da Deputación nunha reunión o pasado vernes día 8 con representantes dos alumnos donde estes lle entregaron máis de 2500 firmas recollidas nunha semana en contra do cese,en principio temporal ,das actividades da escola.
Ademaís da recollida de firmas o alumnos estaban a planear diversas accións de protesta que finalmente non serán precisas logo do anuncio do Presidente.
O pasado día 1 de xuño o Presidente da Deputación presenta o Plan Ourense 92(tantos como concellos da provincia)donde se recollían 43 medidas que pretenden un aforro de 6 millóns de euros ao organismo provincial ata o ano 2015.
Entre as medidas,ademáis de suspender durante 2 anos a actividade da Escola, se recollían medidas como a disolución da sociedade urbanística Urbaourense a finais de ano, a renuncia a xestión directa do Centro Ecuestre de Antela e redefinición das funcións do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE).
Breve historia de Escola
A Escola Provincial de artes e foi fundada alá polo 1891, pasarían a dirixir o claustro de profesores Marcelo Macías García, e como vocal Valentín Lamas Carvajal entre outros. Seguiron máis tarde nomes tan relevantes na cultura e arte ourensáns como o pintor Ramón Parada Justel,Juan e Luis Fernández Péres “Xesta”.
Tamén Antonio Failde Gago gran escultor ourensán ademais de outros artistas tan recoñecidos como Xulio Tizón, Arturo Baltar, Virxilio, Xaime Quessada, Acisclo entre outro pasaron pola Escola deixando a súa impronta polo seu ensino altamente cualificado nesta institución centenaria.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.