Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2019 | Actualizada ás 19:24
O Goberno galego aprobou declarar Ben de Interese Cultural (BIC) a zona arqueolóxica de Castromao, siutada no concello ourensán de Celanova, que conta cun valor cultural destacado fundamentado na súa importancia histórica, no seu potencial científico e no seu carácter representativo como un dos asentamentos castrexos máis antigos de Galicia.
O decreto aprobado alcanza a totalidade dos vestixios e rexistros arqueolóxicos vinculados a esta área e inclúe un catálogo de elementos patrimoniais.
A zona, segundo subliña a Xunta, presenta un magnífico estado de conservación no que respecta ás estruturas arqueolóxicas exhumadas, consolidadas e exhibidas, un total de 75 vivendas que, xunto coas murallas, constitúen unha excelente mostra da arquitectura en pedra.
Galicia conta na actualidade con 742 BICs, unha cifra na que xa se inclúe a zona arqueolóxica de Castromao.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.