Investigado o dono dun vehículo en Milladoiro onde se encontraron drogas de deseño no seu interior

Ao inspeccionar o coche, os axentes deron con dúas bolsas plásticas transparentes, unha con 111 pastillas de cor rosa que tiñan a palabra 'TESLA' gravada nunha das caras, e outra cunha sustancia "dura translúcida".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2019 | Actualizada ás 18:14

Comparte esta noticia

A Garda Civil do posto do Milladoiro, en colaboración coa Policía Local de Ames, investigan por un delito contra a saúde pública ao propietario dun vehículo que contiña anfetamina, metaanfetamina e éxtase na guantera.

Segundo informa o Instituto Armado, os feitos sucederon por mor dunha chamada recibida polo corpo local que alertaba da presenza dun vehículo "posiblemente abandonado" no lugar de Lapido-Ames. Unha vez alí, constataron a presenza do turismo "ben estacionado" e "coas portas abertas".

Mentres inspeccionaban o coche, os axentes deron na guantera con dúas bolsas plásticas transparentes, unha con 111 pastillas de cor rosa que tiñan a palabra 'TESLA' gravada nunha das caras, e outra cunha sustancia "dura translúcida".

A Policía Local trasladou o achado ao posto da Garda Civil do Milladoiro, onde as diferentes probas realizadas mostraron un peso de 59 gramos para as pastillas e de 28,5 a outra sustancia e un resultado positivo en anfetamina, metaanfetamina e éxtase.

Tras isto, a Benemérita indagou nos feitos para identificar o propietario do coche e das sustancias estupefacientes. O investigado, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Santiago.

Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO
Control de estrada da Garda Civil de Tráfico. GARDA CIVIL TRÁFICO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta