Valdeorras queda moi preto dos 7 millóns de quilos de uvas recollidos

A campaña da vendima 2019 conclúe oficialmente coa entrada nas adegas da D.O. Valdeorras dun total de 6.798.065 quilos de uva, o que supón un incremento de dous millóns de quilos con respecto ao ano pasado, case un 45% máis.

Por X.M. Fernández | Vilamartín de Valdeorras | 28/10/2019 | Actualizada ás 14:44

Comparte esta noticia

Tras case dous meses de traballo nas viñas para dar conta da vendima 2019, constátase que “a deste ano ten sido unha das vendimas máis abundantes da década”, segundo afirma o presidente do organismo, José Luis García Pando. “Un ano máis, as nosas uvas signíficanse especialmente pola súa gran calidade”, engadiu.

Vendima nunha viña da D.O. Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras
Vendima nunha viña da D.O. Valdeorras. Foto: CRDO Valdeorras

Por variedades, sitúase á cabeza en cantidade a uva godello (con máis de 3,5 millóns de quilos), seguida da mencía, con máis de 1,8 millóns de quilos. Da variedade alicante recollerónse 849.822 quilos e da jerez (palomino fino) un total de 505.470. Tras estas variedades aparecen a sousón (40.377 quilos), a tempranillo (27.414), a albarello (9.819 quilos), a merenzao (9.333 quilos), a mouratón (2.985 quilos), a dona branca (2.528 quilos), a caiño (934 quilos), a torrontés (647 quilos) e a albariño (307 quilos).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta