Pontón insiste que as forzas estatais "non son útiles" para resolver os problemas de Galicia

O BNG ve na intermodal de Ourense unha "oportunidade de futuro para construír cidade" e pide ao Executivo central unha aposta "real" polo tren proximidade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/10/2019 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cuestionou "a utilidade das forzas estatais á hora de dar solucións aos problemas de Galicia" e, en concreto, ás reivindicacións do ferrocarril. Así o expresou este martes nunha rolda de prensa ás portas da estación de tren de Ourense na que estivo acompañada pola cabeza de lista do Bloque por Ourense, Francisco García.

Deste xeito, Pontón sinalou que "non é de recibo" o que está a pasar coa estación intermodal de Ourense, que "debe afrontar os cambios de posición de PP e PSOE dependendo de quen sente na poltrona da Moncloa".

Neste sentido, pediu aos cidadáns que lembren "cando o PSOE definía como un alpendre o deseño da intermodal" e que vexan como "desde que chegaron á Moncloa xa non lles parece un problema", un comportamento que tamén atribuíu ao PP.

Desde o BNG entenden que a estación é "unha oportunidade para ter unha intermodal do século XXI, como unha infraestrutura de futuro que ao mesmo tempo axude a construír cidade".

En contraposición, Pontón sinalou cara ao proxecto presentado que entende "non vai dar solución aos problemas de mobilidade entre dous barrios como A Ponte e O Vinteún e que non vai mellorar a comunicación neste espazo".

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coa cabeza de lista ao Congreso por Ourense o 10N, Francisco García, nunha visita á cidade.
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, coa cabeza de lista ao Congreso por Ourense o 10N, Francisco García, nunha visita á cidade. | Fonte: Europa Press

Pontón acusou a Feijóo de "electoralista" co tema do AVE e lembroulle que "non fixo presión cando estaban a gobernar os seus", cualificándoo deste xeito de "cómplice" de todos os atrasos que se produciron durante o goberno de Rajoy.

Na súa intervención a líder nacionalista presentou ao BNG como a "garantía" que poden ter os galegos de que o tema das infraestruturas ferroviarias porase na axenda do Estado.".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta