O sector pesqueiro da Coruña en contra do sistema de cotas da CE

Cualifica de "preocupante" a proposta pola "dependencia" de Galicia de moitas das especias afectadas.

Por E.P. | A CORUÑA | 30/10/2019 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

O presidente da Lonxa da Coruña, Juan Carlos Corrás, cualificou de "preocupante" a proposta da Comisión Europea (CE) sobre os Totais Admisibles de Capturas (TAC) e cotas pesqueiras para 2020, pola "dependencia" de Galicia de moitas das especies afectadas. Aos problemas vinculados co Brexit, apuntou tamén a esta proposta, con "restricións sobre a pescada e o xurelo". "E o lagostino durante tres anos queren que continúe pechada", dixo.

O pesqueiro arrastreiro galego Piscator faenando no Atlántico Sur
O pesqueiro arrastreiro galego Piscator faenando no Atlántico Sur | Fonte: shipspotting.com carlosd2x

"Aquí téñennos para pelexar e reclamar esa posición que deben ter as pesqueiras españolas", dixo en referencia ás administracións e en relación a unha formulación da Comisión Europea que vinculou con "un intento dos países do norte de debilitar o noso poder comercial".

O presidente da Lonxa da Coruña realizou estas declaracións tras unha reunión coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e cos candidatos do PP ao Congreso e ao Senado, Valentina Martínez e Miguel Lorenzo, respectivamente, ademais da presidenta do PP local, Beatriz Mato.

Neste encontro, a conselleira do Mar apelou a que todos os países comunitarios vinculados coa pesca fagan "os esforzos que se fixeron desde Galicia".

"A maior parte dos recursos que explotamos témolos en rendemento maximo sustentable, adaptámonos a todas as normas da UE", sinalou en referencia a unha pesca concibida desde a vertente social, ambiental e económica. "Pedimos a todos os que teñen que tomar decisións que teñan en conta este tres elementos", recalcou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta