NNXX quere Twitter en galego

A organización xuvenil do PPdeG mandaralle unha misiva a Dick Costolo e "porá a centos de mozos a disposición de Twitter" para lograr o seu obxectivo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/06/2012 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

Novas Xeracións de Galicia solicitará ao conselleiro delegado de Twitter, Dick Costolo, a versión en galego desta coñecida rede social e comprométese a colaborar na súa tradución.

None

 

O presidente da organización xuvenil, Javier Dorado, Novas Xeracións realizará esta petición a través dunha misiva na que non só pedirá que se abra o centro de traducións de Twitter ao galego, senón que tamén ofrecerá a axuda dos mozos e mozas da formación para lograr este obxectivo.

 

Tras coñecerse que a partir do vindeiro 5 de xullo Twitter disporá dunha versión en euskera e catalán, Novas Xeracións considera que "non debe destacar pola súa ausencia nesta rede social a outra lingua oficial de España, que é a galega".

 

Promoción do galego

 

Nun comunicado, NNXX insiste en que os internautas poidan utilizar Twitter en galego porque sería "unha forma moi útil de promover a nosa lingua entre os usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas e utilizadas do mundo".

 

Así, Dorado insiste no "compromiso" de Novas Xeracións coa lingua galega. "Iso é o que move a esta organización a interesarse por que non se quede atrás e Twitter abra os seu centro de traducións tamén neste idioma", suliña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

8 observador

Esperemos que non sexa electoralismo de baratillo. Despois de case 30 anos de autonomía, xa era hora, carallo!. Pero claro que é electoralismo de baratillo. Moito galego e mal falado só on the record !

7 Pillabán

Twitter en galego, para que Doradito teclee xenialidades coma esta: http://webdev-xornal.openhost.es/ar...

6 balbino68

Simplemente dicirles a estes tipos de NNGG do PP que grazas a persoas coma eles, este país é ignorado e asoballado por todas as empresas e institucións. Aqueles pos traen estas lamadas. Mais, échevos o país que temos, cheo de imbéciles e escuros que agroman masivamente en cada recanto. De qué vos sorprendedes os de NNGG despois de sementar o que levades e levan sementando os vosos co-ideólogos?? Agora choraamos polo twitter. Hai tantas cousas polas que chorar.

1 Sementador

balbino68, ti si que agromas!!!

2 balbino68

Grazas a sementadores coma ti, o único que agroma neste país son imbeciles e escuros, ou se queres, parvos e ignorantes.

3 Sementador

balbino68, acábaste de retratar moi ben!! Probablemente coincidiu, xa que os "Listos e iluminados" coma ti, non sodes quen.

5 Porriñés

Eu penso que porque unha militante deste partido diga iso publicamente, non todos os militantes teñen porque pensar iso, eu quero e utilizo normalmente a miña lingua nai que e o galego e non me considero de esquerdas. Un saúdo.

1 balbino68

Isto non se trata de sermos de dereitas ou de esquerdas, trátase de dignidade, e estes adolecen de tal virtude.

2 digno

balbino68 o virtuoso, dixit

3 balbino68

Se a dignidade é unha virtude, abofé que non adolezo dela. Podes estar segur@.

4 digno

Adoleces, adoleces. Estou ben seguro.

4 desfondacranios

jajajajajajajaja