NNXX quere Twitter en galego

A organización xuvenil do PPdeG mandaralle unha misiva a Dick Costolo e "porá a centos de mozos a disposición de Twitter" para lograr o seu obxectivo.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 20/06/2012 | Actualizada ás 15:21

Comparte esta noticia

Novas Xeracións de Galicia solicitará ao conselleiro delegado de Twitter, Dick Costolo, a versión en galego desta coñecida rede social e comprométese a colaborar na súa tradución.

None

 

O presidente da organización xuvenil, Javier Dorado, Novas Xeracións realizará esta petición a través dunha misiva na que non só pedirá que se abra o centro de traducións de Twitter ao galego, senón que tamén ofrecerá a axuda dos mozos e mozas da formación para lograr este obxectivo.

 

Tras coñecerse que a partir do vindeiro 5 de xullo Twitter disporá dunha versión en euskera e catalán, Novas Xeracións considera que "non debe destacar pola súa ausencia nesta rede social a outra lingua oficial de España, que é a galega".

 

Promoción do galego

 

Nun comunicado, NNXX insiste en que os internautas poidan utilizar Twitter en galego porque sería "unha forma moi útil de promover a nosa lingua entre os usuarios dunha das redes sociais máis coñecidas e utilizadas do mundo".

 

Así, Dorado insiste no "compromiso" de Novas Xeracións coa lingua galega. "Iso é o que move a esta organización a interesarse por que non se quede atrás e Twitter abra os seu centro de traducións tamén neste idioma", suliña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

3 xan soares

pois moi ben, pero se queredes o galego por qué estades nun partido con tantos militantes á cabeza que rexeitan falar e desprezan a nosa língua a cotío? En todo caso, os meus parabens.

1 muro

Pois porque para ningum militante do PP a língua galega é tam importante como para que a sua militância dependa das opiniões dos companheiros. Umha cousa é dizer "quero twitter em galego" e outra "quero viver só em galego".

2 ian sequeiras

e porque só en galego ?

3 muro

"só em galego" é o oposto a "só em castelhano" nom quer dizer que haja que eleger umha ou a outra.

2 Hermerico

Nom é NNXX, é NNGG, e nom porque sejam reitegracionistas...

1 balbino68

Abofé que si.

1 Galego de verdade

twitter quere nnxx en galego Tivemos recéntemente unha mostra do amor das xuventudes pepeiras pola língua da GZ: https://twitter.com/flipaita33/stat...

1 O Príncipe dos Mouros

Xesús... :O

2 balbino68

Isto pénsano case todos os de NNGG na intimidade, moitos fanno explícitamente, coma esta pailana, e a outros dalles corte por que os seus pais son galegofalantes.