Galicia rexistra 70 accidentes mortais en estradas este ano

A maioría producíronse por atropelos ou saídas de vía. Representan un 20% menos que no mesmo periodo do pasado ano.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 11:15

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou un total de 70 accidentes mortais en estradas convencionais interurbanas no que vai de ano, un 20,5 por cento menos que no mesmo período de 2018. Segundo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT), 76 persoas morreron en accidentes neste tipo de vías ata outubro, o último mes do que se recolleron datos.

Por agora, o número de vítimas mortais reduciuse un 17,4% respecto de 2018, que contabilizou 92 falecidos neste período, cun incremento notable en setembro e outubro respecto de agosto, unha tendencia que non se repetiu en 2019.

Con todo, as provincias que rexistraron maior número de vítimas mantense. O 42,9% na Coruña, con 33 vítimas mortais, o 25,7% en Pontevedra con 20, o 21,4% en Lugo con 16 e o 10% en Ourense con 7. Só en outubro producíronse sete accidentes que acabaron coa vida de sete persoas, a maior parte das vítimas foron atropeladas ou morreron por mor de que un vehículo se saíse da vía.

Todas as persoas que faleceron neste tipo de estradas tiñan máis de 45 anos e o rango de idade máis afectado compréndese entre os 55 e os 64, precisou o Ministerio do Interior este xoves.

Tres mortos nun accidente de tráfico en Valdoviño   GC
Tres mortos nun accidente de tráfico en Valdoviño GC | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta