Temas: USO XUSTIZA

Denuncian que os xulgados galegos están "o triplo de saturados" que a media estatal no social e o mercantil

O sindicato USO reclama "medidas urxentes antes de que chegue unha nova crise".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2019 | Actualizada ás 17:43

Comparte esta noticia

O sindicato USO denuncia que os xulgados galegos están "o triplo de saturados" que a media estatal tanto no ámbito do social como nos do mercantil.

Xulgados.
Xulgados.

USO indica que Galicia "padece unha taxa de conxestión en mercantil que triplica a media, con 4,44 con respecto a 1,45". No social, apunta cifras parecidas: da 4,19 fronte ao 1,41.

En concreto, sinala que son datos extraídos do informe sobre o colapso da Xustiza que se presentará no sexto congreso da federación de empregados públicos de USO, que este xoves comeza en Isla Cristina (Huelva).

O coordinador de SPJ-USO-Galicia, Julio Bouza, fixo unha chamada de atención ao Ministerio de Xustiza e ás comunidades autónomas coas competencias transferidas acerca de que a xustiza "xa está desbordada".

Por iso, a organización reclama "medidas urxentes antes de que chegue unha nova crise", para evitar "un colapso total nos xulgados".

Temas: USO XUSTIZA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta