A última semana da campaña do 10N, decisiva para mobilizar aos indecisos

Os distintos partidos manexan xa estudos demoscópicos que demostran a importancia que tivo esta semana para decantar a moitos dos indecisos que apostarán por un "voto útil" para frear a ultradereita, nun caso, ou para poñer man dura á crise catalana, polo outro. Con todo, as enquisas non son infalibles.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/11/2019 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

A frenética semana de campaña electoral destes comicios repetidos pode traer sorpresas o vindeiro domingo. E, en boa parte, porque moitos dos indecisos –en torno ao 30% segundo algúns inquéritos hai un mes-- comezaron a decantarse por unha ou outra opción política. Así o demostran as distintas sondaxes que manexan os partidos que seguiron recibindo trackings diarios de diversas empresas demoscópicas.

Imaxe do cinco candidatos nacionais ao 10N: Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Casado (PP), Albert Rivera (Cs), Pablo Iglesias (Unidas Podemos) e Santiago Abascal (Vox)
Imaxe do cinco candidatos nacionais ao 10N: Pedro Sánchez (PSOE), Pablo Casado (PP), Albert Rivera (Cs), Pablo Iglesias (Unidas Podemos) e Santiago Abascal (Vox)

 

E os partidos peor parados son aqueles con pouca visibilidade pública e os que non tiveron protagonismo nos distintos debates que se celebraron. Así, a maior masa de electores indecisos, tanto da dereita como da esquerda, comezou a decantarse por dúas formacións concretas durante os últimos días. 

 

Segundo información de distintos inquéritos consultados por GC, nesta polarización do voto non saen ben parados partidos como Más País, que nun mes tería dilapidado o efecto sorpresa que ía aparellado ao seu líder, Íñigo Errejón, nin tampouco formacións nacionalistas e independentistas das dintintas nacionalidades históricas. Un efecto que afectaría en Cataluña a JuntsxCat e ERC en beneficio das CUP, en Euskadi a Bildu e en Galicia, ao BNG. Unha circunstancia que podería ter que ver coa crise desatada en Cataluña tras a setenza do procés, que é, en parte, a que está mobilizando máis o voto da dereita.

 

TENDENCIAS

 

Neste sentido, estas sondaxes apuntan a unha forte suba da ultradereita de Vox nalgunhas circunscripcións, que podería deixar sen escano a varias formacións políticas en distintas provincias. De feito, semella que é esta formación de ultradereita a que máis concentra o voto deses indecisos que, noutras ocasións, terían votado polo PP ou por Ciudadanos.  

 

Así se explica, en parte, a viraxe da mensaxe do PP nos últimos días, con ataques e críticas constantes á formación que lidera Santiago Abascal, a última, a polémica do seu número dous, Miguel Tellado. Con todo, non sería o PP o partido máis afectado, senón Cs, que podería perder a súa representación en moitas circunscricións electorais e deixarse máis da metade de votos e escanos acadados nas eleccións de abril. Algo que xa apuntaban tamén as enquisas publicadas ata o pasado luns.

 

No lado da esquerda, os indecisos, segundo as informacións que manexan os distintos partidos e ás que tivo acceso GC, bascularían cara a Unidas Podemos ou as súas distintas confluencias. Unha mobilización que tería que ver co efecto Vox, precisamente, para parar o avance da ultradereita. Estes inquéritos apuntan que, neste caso, e a diferencia do acontecido en abril, ese voto útil podería caer máis da banda do partido de Pablo Iglesias que no de Pedro Sánchez. Unha tendencia que se disparou tras o debate a cinco do pasado luns.

 

SON SÓ TENDENCIAS

 

Con todo, estes estudos que manexan os partidos non deixan de ser estudos concretos de evolución de voto, nalgunhas ocasións, condicionados polo seu limitado campo de investigación, con entrevistas que non superan as 1.000 entrevistas diarias. Polo tanto, como xa pasou nalgúns outros comicios, o desenlace final estará sempre nas urnas ao longo do 10N.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Gamela

Se queda algún INDECISO VIVO que aproveite o día antes que veñan por el !!! Estes primeiro te piden o voto moi educadamente e logo che cortan o pescozo sin chistar !!! https://twitter.com/GamelaNova/stat...

2 GALIZA VENCERA!!!!

Pero algún destes e elexido polos galegos, en expaña non existe "presidente" deixen de mentir deixen de ofender asi a nosa intelixencia... aquí o que ha é un primeiro ministro elexido no parlamento, e ningún destes figuras e inmorales e elexido nestas eleccions polos galegos... por favor non se deixen engañar polo engano da monoarquia, si saben do conto, saben que na TV soamente saen os seus paiasos... e tamen digo que a ABSTENCION E O MENSAXE SUBLIMINAL DO FACISMO!!! A ABSTENCION E FACISMO NO GOBERNO!!!!

1 RVn4

GALIZA VENCERA!!!. Certo e o nacionalismo perderá. A monarquia é foito da vontade do pobo español expresada nas furnas do mesmo xeito que a oficialidade do galego ou o estado das autonomias. por certo: GALIZA é un vocablo galego válido, pero non oficial, do mesmo xeito que Orense que tamen é un vocablo español perfectamente válido inda que non sexa oficial. Nacionalismos NOOONNNNN.

2 xan das carocas

R2d2. Cándo caralho tí votaches si ou non a monarquia na espanha?? Dende cándo tí votas nas "furnas " ?? Que caralho é iso de foito??

1 nostrus

Quiero hacer un llamamiento a todos aquellos que presumen de no ser españoles y decirles que si quieren ser coherentes NO vayan a votar, porque "solo" los españoles estamos llamados a votar. Que demuestren si son coherentes o mentir-osos, aunque ser renega2 no esta reñido con ser mentir-osos. Marea2 y RNG2, no vayais a votar si no os sentiis españoles, porque hay que ser español para poder votar.

1 non sexas inculto

deixa de falar en castelan que aquí somos todos galegos e non entendemos nada do que falasbareteiro, que deixes de barallar, que deixes de perder o tempo os galegos non os imos abster para beneficiar o socialfacismo do expañol

2 Boa vida

Se están no censo electoral, están chamados a votar; independentemente de como se sintan. Non minta vostede.

3 KaraduraUzm

Volve ao Cortello..Cipaionostrus....

4 xan das carocas

Outra ves o troll do voxtrus nestas leiras. Manda caralho co remendafoles. Lembrando a Labordeta, vai a merda.

5 nostrus

Boa vida, estan chamados a votar porque a democracia española é tan xenerosa que hasta respeta a quenes queren destruila. Repito que todos aqueles que dicen que non son españoles teñan a coraxe de non votar si son coherentes ou do contrario demostraran que ademais de ser españoles tamen serán mentirosos. Estas eleccions son soamente para españoles. Jeta, o que teñen e moita jeta.

6 Xanc

Nostrus, eu vou ir votar para que xente coma ti non estea representada no parlamento español. E si, quero que a miña nación estea representada hoxe, para mañán abandonar ou transformar este actual estado español podre

7 nostrus

Xanc, ti pretendes que eu non estea representado, moi distinto ao que pido eu, que só digo que si renegades de ser españoles o primeiro que debedes facer é non acuir as votacions dunha nacion que non é a vosa. Por outra banda aclararche que o que ten España de podre é o que aportades vos (autoodio, desprecio, rencor, ctr). NON VOTEDES si non queredes ser unhos fantasmas portadores de hipocresia.