Un proxecto da USC para medir en tempo real as bacterias en feridas cirúrxicas, premio Santander Explorer 2019

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2019 | Actualizada ás 20:28

Comparte esta noticia

O proxecto 'Bactidec', de estudantes da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que consiste nun dispositivo que mide en tempo real a presenza de bacterias en feridas cirúrxicas, gañou o premio nacional do programa Santander Explorer 2019.

Esta iniciativa dos estudantes José Rodríguez Gago e Carlos De Frías Polo alcanzou o primeiro posto --dotado con 30.000 euros-- entre 50 proxectos presentados de España, Portugal e Arxentina.

Ambos desenvolveron 'Bactidec' ao longo de seis meses no centro Explorer USC Santiago, no que recibiron asesoramento e formación sobre creación de empresas, plans de negocio e aspectos legais de 'starups'.

Este proxecto galego xa se alzou en xullo como gañador local do programa Explorer, o que permitiu que os dous estudantes tivesen unha estancia de seis días en Silicon Valley, ademais de competir a nivel nacional, onde agora obteñen o primeiro posto.

Cirurxía cerebral nun quirófano
Cirurxía cerebral nun quirófano

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta