Os soldos dos concelleiros en tempos de crise

A concelleira do CDL en Gondomar rebaixa por segunda vez o seu salario coa oposición dos seus compañeiros de corporación, do PPdeG.

Por Galicia Confidencial | Porriño | 06/07/2012 | Actualizada ás 11:21

Comparte esta noticia

A Concelleira de Facenda e Emprego do Centro Democrático Liberal en Gondomar (Pontevedra), Natalia Salgueiro, volveu rebaixarse o soldo por segunda vez no que vai de lexislatura.

None

 

Salgueiro xa rebaixara o seu soldo cando entrou no consistorio municipal, pasando de cobrar 42.000 a 35.000 por unha adicación exclusvia. Desta volta e, segundo explica o CDL, "ante a degradación da saude económica dos seus veciños e do entorno en xeral",  Natalia Salgueiro volveu a autorebaixarse o seu soldo ata 31.500 euros ao ano.

 

Negativa

 

Nesta ocasión o grupo do CDL conta ca oposición frontal dos membros do seu socio de Goberno, o Partido Popular, que xa anunciaron unha negativa a calquer axuste nos seus soldos.

 

O CDL solicitou tamén ao PP de Nigrán e ao BNG en Tomiño rebaixas neste senso. "Pero ámbolos partidos nen sequera se dignaron a debatir esta cuestión nos seus respectivos plenos", di este partido. 

 

Láncara e O Incio

 

Os centristas liberais lembran que os seu concelleiro en Láncara (Lugo) dispon dunha dedicación mileurista e en O Incio, tamén en Lugo, o CDL apoiou a alcaldesa Laura Celeiro do PSOE, entre outras cuestións, "coa condición de rebaixas sustanciais nas pecunias que co PP ascendían a cifras de escándalo". 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 22 comentarios

2 Feixón

Iso quer dicir que non traballa e non fai nada e por iso baixase o soldo que solidaridade tu, e que bonito queda pedir que os outros se rebaixen o soldo cando non sabe nen o que cobran, claro que GC sabemos ao que está; e despois presumimos de imparcialidade??? ide rañala GC.

1 Guillermo Rodríguez Fdez.

Descoñezo se esa concelleira traballa moito ou pouco; iso terá que decidilo o equipo de goberno que lle atribuiu as comptencias que deba ter. O que non ten dúbida é que lanzou unha luva diante dos demáis políticos, non só de Gondomar, que me gustaria fora recollida por todos. Cando ata os pensionistas de 600 ou 700 euros teñen que pagar parte dos seus medicamentos non é de recibo que teñamos cargos políticos en concellos pequenos e medianos con soldos que superan, na súa maioria, os 2.000 euros. Iso é unha ofensa á dignidade dos que traballaron toda a súa vida laboral ao sol e á chuvia. Grazas, concelleira; espero que o teu xesto de valentia non caia en saco roto.

1 rosaleiro

Pois que curioso, ademais do PP, que evindentemente están polo negocio, os do BNG tampouco queren que lles toquen o peto! Nos feitos é onde se olla a diferenza, que doado é falar pero á hora da verdade...

1 aaaaaaaaaag

E os marchosos de Teo e Maceda? Traballan de balde? E a Candocia? Non cobra?

2 uuuuuuuuuuuuuuuuuui

Pica, verdade? Pois a rascar!

3 aaaaaaaaaag

Pica? seica queres dicir, proe? Pois a estudar! marchoosso

4 balbino68

Picar tamén é normativo. Non te pases.

5 Un vello galeguista

Veño observando que moitos /as dos que aqui entran non teñen outro argumento de debate que descualificar aos demais se poñen "pica" e non "proe", se pioñen Galiza e non Galicia, etc. Que miseria mental padecemos!! Isto non é unha clase de lingúística; aquí estamos para opinar sobre os problemas serios do Pais e dos seus representantes, ainda daqueles que están no camiño de selo. Sexamos serios, por favor!!

6 leutore anormalisado

Hai que ter paciencia meu vello. Os palanganeiros do BNG entran para tapar (tipo aaaaaaag), disparan contra todo o que se mova para salvar a honra do chiringuito, acusan sen saber dos demais e botan foguetes ao aire para facer ruido. Así son capaces de identificar a todo crítico cos seus ex, e xa sabemos que só pode odiar quen antes amou... O que importa, o feito de baixar o salario para os da caste política, iso non interesa para os aduladores do BNG, do PP ou do PSOE. E, adiantamos, para os marchosos? Seguramente tampouco, non se pronuncian, cando tocaron poder eran como os demais e agardan pactar de novo. Pois iso, cuestión incómoda para os amamantados.

7 balbino68

Home, eu penso que facer unha corrección ortográfica, sempre co debido respecto, non ten por que amolar a ninguén. De todos é ben sabido que a educación que recibimos na escola no referente a nosa lingua sempre deixou moito que dexesar. A maioría dos da miña xeración ou somos autodidactas ou estamos a aprender agora. Polo tanto, e sempre que sexa con respecto, non lle miro nada malo a que me corrixan, todo o contrario, é de agradecer.

8 balbino68

Por outra banda, coido que Natalia está a ver unha oportunidade de ouro en Gondomar, cun PP e PSOE desfeitos e cun BNG escindido. Procura gañar adeptos. Boa e intelixente estratexia cara ás vindeiras eleccións.