Pontón erixe ao BNG fronte a prácticas "golfas e corruptas" do PP, PSOE e monarquía

A portavoz nacional reivindica máis de 40 anos de xestión pública sen ningún condenado por corrupción.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/06/2025 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, reivindicou á súa formación como "alternativa clara" ante as prácticas "golfas e corruptas" do PP, do PSOE e da monarquía. Nese sentido, defendeu que o BNG leva "máis de 40 anos" xestionando institucións públicas "sen unha soa persoa condenada por corrupción" e enxalzou que os nacionalistas "poden ir polo mundo coa cabeza alta".

Así o asegurou este sábado nun encontro municipal coa participación de alcaldes, alcaldesas, concelleiras e responsables políticos nacionalistas de toda Galicia. Alí, denunciou os "lamentables episodios" de corrupción perpetrados supostamente por cargos públicos do PSOE, "como antes o fixo o Partido Popular ou a monarquía".

"Isto dá pé a un descrédito xeneralizado da representación pública e colabora a estender unha idea que é moi perigosa, a de que á política e aos cargos públicos vaise por intereses escuros e perversos", aseverou Pontón durante a súa intervención.

Así mesmo, a líder nacionalista enxalzou ao BNG como a "alternativa diferente, á que definiu como unha forza asemblearia na que a militancia "é a que máis ordena". Neste contexto, aproveitou para afear as "descualificacións e críticas foribundas" que dicían que o BNG "non era unha forza política homologable".

"Pois quero dicilo ben alto e claro. Non, non somos como as demais forzas políticas, non somos como o bipartidismo español, nin somos nin queremos ser como eles, e a moita honra", esgrimiu.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. BNG

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta