Quiroga, 25 anos perdidos

Vimos de coñecer que o PP de Quiroga está a festexar 25 anos consecutivos no poder de Julio Álvarez como alcalde, unha faixa preside dende hai días a rúa principal da vila para lembrarnos que Quiroga é terra dominavit da dereita. Pero tamén o celebra Quiroga? Como é posibel que se chegase a tanto tempo de poder cunha xestión tan cuestionabel?

Por Xavier Castro | Quiroga | 08/07/2012

Comparte esta noticia
Sinxelamente estamos ante un dos casos máis flagrantes de fracaso do sistema político español, na súa verquente electoral e de calidade da democracia, un sistema cuestionado ultimamente por movementos sociais como o 15-M. Aos problemas do bipartidismo e a Lei D'hont denunciados pola cidadanía na Porta do Sol de Madrid, en Galiza temos que engadirlle o clientelismo, caciquismo e carretaxe. Así, nos municipios pequenos os acordos laborais ou de negocio que manteñen certas persoas co poder político local poden conseguir milagres electorais desta exponencia, mobilizando a unha poboación moi maior que supoñen a maioría dos votos do rural galego. Ningúen se sorprende xa en Galiza co desfile de vehículos que se moven nas eleccións. Unha vez acadado os obxectivos electorais atópámonos con gobernos locais que nunca exerceron con rigor as súas responsabilidades en materias básicas como traballo ou vivenda; en Quiroga sucede que ainda gobernan os mesmos que propiciaran a especulación urbanistica xerada hai anos nas inmediacións do o irrecuperable pazo de San Martiño de abaixo (ou dos Caruxo); un goberno local artífice de que a metade dos orzamentos vaian para persoal (eis a clave), no canto de abastecer de servizos de calidade á poboación; cunha tele municipal demasiado cara, inutil e con fins meramente propagandisticos; un goberno que consentíu o expolio de Augasmestas; culpable de sacar proveito político no desmantelamento do sector da louxa a través do Plan Laxa; culpable de ter aldeas completamente abandoadas, da perda de veciños, de ter a débeda per capita máis alta da provincia; culpable por suposto da descarada carretaxe de votos; cun alcalde faltón nos plenos que pon trabas á oposición para que non desenvolva a súa tarefa ou recabe a información, despilfarrador do erario público, enemigo da cultura e que trae a Quiroga pregoeiros como Kiko Matamoros e outros así, con impostos elevados (como o do asfixiante IBI); culpable de que despois de 25 anos un problema tan básico como o da auga ainda esté sen solucionar; culpable en definitiva, de converter o que puido ser unha prospera vila productiva cabeceira de comarca, nunha "pequena cidade" sen futuro e mesmo cun excesivo feismo que choca co seu entorno; temos un goberno local que se limita a xustificar as súas accións erráticas no amplo apoio electoral que consegue obter cada 4 anos.
 
En definiiva e chegado este punto, mesmo resulta nimio insistir na crítica da xestión do PP de Quiroga, pois moito hai escrito xa sobre eso e si actuan así é porque a lei permítello, ética aparte. O que verdadeiramente falla é o sistema en si mesmo, por non ser realmente democrático como deixaron claro os movementos de indignados, porque se viciou o sistema co paso do tempo e xa hai quen lle coñece todas as trampas e debilidades (e se aproveita), porque en zoas rurais moita xente non pode votar con liberdade, porque moitísimas decisións que toman os gobernantes non as tomaría endexamais unha asemblea de cidadáns, precisamente a quenes eles representan. Por todo esto, faise moi necesario hoxe rexenerar o sistema democrático e dotarnos doutro máis lóxico, útil e solidario. É o momento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xavier Castro Xavier Castro Martínez (Vigo, 1978). Avogado. Traballa en Compostela para a central sindical CIG. É concelleiro polo BNG en Quiroga. Vivíu etapas en Ourense e Lugo. Na época universitaria participou activamente en diversos colectivos do ámbito galego (CAEF, Galiza Nova, Redes Escarlata) e tamén do ámbito local quirogués (asoc. de poetas Arco da Vella, asoc. xuvenil O Val). No eido artístico é o Xavinho da Queiroga. Escribe poesía e relato curto, ainda que principalmente destacou como vocalista en bandas de rock da escea reivindicativa galega. Así, foi co-fundador das bandas Fai Tun Flai e Nao. Actualmente segue a dar caña nos palcos co grupo Raiba (www.raiba.gl).