Xavier Castro Martínez (Vigo, 1978). Avogado. Traballa en Compostela para a central sindical CIG. É concelleiro polo BNG en Quiroga. Vivíu etapas en Ourense e Lugo. Na época universitaria participou activamente en diversos colectivos do ámbito galego (CAEF, Galiza Nova, Redes Escarlata) e tamén do ámbito local quirogués (asoc. de poetas Arco da Vella, asoc. xuvenil O Val). No eido artístico é o Xavinho da Queiroga. Escribe poesía e relato curto, ainda que principalmente destacou como vocalista en bandas de rock da escea reivindicativa galega. Así, foi co-fundador das bandas Fai Tun Flai e Nao. Actualmente segue a dar caña nos palcos co grupo Raiba (www.raiba.gl).