Apoio do Parlamento galego para a proposta de Estatuto Electrointensivo elaborado pola Xunta

Esta iniciativa pretende servir como "un sistema de apoio á industria electro intensiva" que reduza a tarifa actual aos "35 euros o megawatt por hora para competir en igualdade de condicións co resto de Europa".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2019 | Actualizada ás 17:12

Comparte esta noticia

O Parlamento de Galicia apoiou este mércores, co apoio de todos os grupos e a abstención do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), unha proposta de Estatuto para os Consumidores Electrointensivos elaborado pola Xunta para presentar ao Goberno central.

O Grupo parlamentario Popular realizou esta Proposición Non de Lei (PNL) na Cámara galega ante a "falta de resposta do Goberno central" para afrontar o "gran problema da industria galega" que, a xuízo dos populares, radica en "o prezo da electricidade" para empresas como Alcoa en San Cibrao.

Esta iniciativa pretende servir como "un sistema de apoio á industria electro intensiva" que reduza a tarifa actual aos "35 euros o megawatt por hora para competir en igualdade de condicións co resto de Europa", eliminar o céntimo verde ás factorías (pola contaminación)ou incrementar as axudas por compensación do CO2 que os populares cualifican de "insuficientes".

Buscan, así, "unha transición enerxética ordenada e xusta" que Pedro Sánchez non abordou durante estes meses "para solucionar os problemas de Alcoa e As Pontes". Para iso, O Grupo Mixto, Grupo Común da Esqueda e BNG apoiaron a iniciativa, con todo, afearon ao PP a súa "inacción" cando o seu partido gobernaba no Estado.

Parlamento de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo
Parlamento de Galicia. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta