Cara a constitución dunha cooperativa integral galega

Por Galicia Confidencial | Santiago | 11/07/2012 | Actualizada ás 00:12

Comparte esta noticia

O próximo 25 de xullo ás 17:30 horas no Centro Social O Pichel (Santiago) persoas vinculadas a "projetos galegos autogestionados em marcha" organizan unha asemblea aberta.

O obxectivo xeral é avaliar a posibilidade de criar unha cooperativa integral galega "alternativa à sociedade capitalista". As finalidades concretas "autoorganizar-se desde baixo" dando cobertura para "todos os ámbitos da vida".

Participan, segundo informan os promotores, activistas de centros sociais (CS Mádia Leva!, CS A Revolta, CS Sem um Cam), do Sindicato Labrego Galego, de proxectos educativos (Associaçom Galega de Maes e Pais Agarimar, Escola Popular Galega), de medios de comunicación comunitarios, de grupos de montañismo (AMAL), da "ediçom alternativa" (Estaleiro Editora), de cooperativas (Acolá S. Coop. Galega ou Hábitat Social Coop. Galega).  Tamén "ativistas polo decrescimento" (como o coletivo Véspera de Nada ou o profesor Carlos Taibo).

None

Os promotores destacan que o cooperativismo integral xa existe noutros lugares como pode ser a Cooperativa Integral Catalá.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

3 Brown

Paréceme unha iniciativa caralluda, pero un pouco utópica. O tradicional individualismo galaico semella un atranco moi fodido de superar. En calquera caso, nunca está de máis que haxa ideas alternativas. E hai que tentalo, por que non? Adiante!

1 Vamos

Utópico é aguardar a que os políticos ou o Estado nos salvem do colapso Brown! ;) Vamos intentá-lo! Construir a nossa Galiza E JÁ!

2 Xaime

Brown, os galegos refuxiamonos no individualismo cando o "cooperativismo" desapareceu do noso entorno. Até non hai moito, a maior parte da Galiza era rual e pre-capitalista e algo moi semellante ao cooperativismo funcionaba en todas as aldeas. Non se trata de volver miméticamente ao de antes, mais tampouco vaiamos pensar que é algo novo. O desenvolvemento sustentáble, a reutilización, o probeito dos recursos da contorna son practicas ainda presentes nalgunhas aldeas onde as persoas que o practican descoñecen palabras como decrecemento, sustentabilidade ou a tripla R.

2 Ramón Ovella

I.- IDEIAS E AUDÁCIA DE PROPÓSITO Para o Partido Galeguista a autodeterminaçom política da Galiza é um problema resolto na sua vontade. Nom importa que nom o tenha sido ainda na realidade galega. Nós estamos obrigados a proceder, vista a lonjania de consegui-lo polo vieiro formal, com arranjo aos procedimentos marginados pola audácia nacionalista de outros Países. Neste sentido nom tem a ideia que se propom, nem sequer no chao ibérico, umha absoluta originalidade na qua conceiçom, se bem no seu desenvolvimento de seguir-se a proposta presente. II.- GALIZA EM FUNÇOM DE SOBERANIA Propom-se, sem medos e sem prazos, a urgente constituiçom da Galiza em Povo ceive, com as obrigas dessa posiçom real e os órgaos de execuçom correspondentes. ... No local da III Assambleia do Partido Galeguista, Ourense, janeiro de 1934 RAMOM OVELHA.

1 Peteiro

100% dacordo. Este é o caminho a seguir. Parabéns às pessoas promotoras! É o que propõe também Félix Rodrigo Mora em "O atraso político do nacionalismo autonomista galego" e numa entrevista recente: http://www.partidodaterra.net/edico... http://www.partidodaterra.net/petei...

1 Guillermo rodríguez Fdez.

Seria unha estupenda noticia que por fin os galegos sexamos quen de organizarnos arredor dos nosos intereses sen esperar a que veñan outros de fora a facelo. Xa sei que o cooperativismo non ten boa prensa, sen embargo entendo que intentar unha e outra vez por esta fórmula de traballo debera ser unha obriga para todo bon galego. Adiante coa Cooperativa Galega.