Temas: ECONOMíA PESCA

Destinan 300.000 euros para ampliar o dique flotante do porto de Xufre, na Illa de Arousa

O dique flotante conta actualmente con 240 metros e ampliarase en 60 ata alcanzar os 300 metros.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/11/2019 | Actualizada ás 18:46

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar ampliará o dique flotante do porto de Xufre, no municipio da Illa de Arousa  para mellorar o abrigo dos pantaláns. Esta actuación, en trámites de licitación, contará cun investimento de máis de 300.000 euros.

O dique flotante conta actualmente con 240 metros e ampliarase en 60 ata alcanzar os 300 metros. Para iso colocaranse dous novos módulos de 20x5 metros tanto no cara sur como no norte.

Este venres, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou o peirao, onde supervisou a finalización das obras para as 128 novas prazas de amarre para embarcacións mexilloeiras.

A dotación de novas prazas de mexilloeiros complementa a realizada en 2017 para a creación de máis de 300 prazas de amarre para embarcacións pesqueiras, que contou cun investimento de máis de 700.000 euros.

Bateas Rías Galegas. EUROPA PRESS - Arquivo
Bateas Rías Galegas. EUROPA PRESS - Arquivo

Temas: ECONOMíA PESCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta