Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 10:00
O festival compostelán Cineuropa 2019 entrega este sábado uno dos seus premios deste ano á directora portuguesa Rita Azevedo Gomes, que presenta a súa película 'Danses macabres, squelettes et autres fantaisies' (Teatro Principal, 20,00 horas).
Cineuropa recoñece unha obra "persoal e de extraordinaria forza visual", "xa patente desde o seu primeiro filme, o descomunal 'O som da terra a tremer".
Tras ter unha "revelación" co visionado de 'Amor de perdiçâo', de Manoel de Oliveira, achegouse a mostrar os seus respectos ao mestre portugués, con quen conseguiu un posto de axudante de vestiario. Aínda a día de hoxe ela mesma confecciona boa parte dos vestiarios das súas películas.
Esta colaboración desembocou no documental 'A 15ª Pedra' (2007), cun diálogo con De Oliveira e o crítico João Bernard da Costa. Despois, dedicou moitos anos a traballar como programadora da cinemateca portuguesa.
Tras iso, chegaron obras como 'A Vingança de Uma Mulher' (2012), na que mestura recursos do teatro, a pintuara e a arte nunha serie de 'tableaux vivants' nunha obra violenta. As súas seguintes películas son 'Correspondencias' (2016) e 'A Portuguesa' (2018).
"O cinema é tempo", sostén a directora portuguesa, mentres Cineuropa valora que na obra de Rita Azevedo hai unha "suspensión do tempo real e creación dun tempo novo, libre e imposible de cronometar".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.