O BNG di que "Sánchez faría moi mal" en crer que o voto a favor da investidura está garantido

Os nacionalistas galegos non pon "liñas vermellas" ao Goberno de coalición pero non darán o seu voto por "cheques en branco".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2019 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, asegurou que "Sánchez faría moi mal en facerlle caso aos que din que o voto" do seu partido a favor da investidura do Goberno de coalición de PSOE e Podemos está garantido.

Tras unha semana na que medios de comunicación e distintas forzas políticas estiveron barallando as posibilidades que existen de que o Goberno entre Pedro Sánchez e Pablo Iglesias saia adiante, Pontón subliñou que o BNG non porá "liñas vermellas" pero tampouco votará a favor dunha investidura "por cheques en branco".

A principios da próxima semana o deputado no Congreso polo partido, Néstor Rego, reunirase en Madrid cos encargados da negociación. "Atoparán un partido disposto a falar", pero "dialogar non é compartir un monólogo" ditado por outros grupos políticos, precisou Pontón.

As principais condicións do Bloque pasan pola "receptividade da axenda galega" en Madrid, "a defensa da democracia, dereitos e liberdades" e o "marco da plurinacionalidade", explica. O seu "enfoque ten altura de miras" e a postura final "será resultado das negociacións" que de desenvolverán esta semana.

Na intervención de Pontón, este sábado tras a celebración do Consello Nacional do partido, destacou a "dobre satisfacción" que supón este novo panorama político. Primeiro porque os nacionalistas volveron ao Congreso despois de catro anos sen representación e despois porque o BNG se converteu "no muro de contención fronte á extrema dereita xenófoba, machista e racista de Vox" en Galicia.

O apoio de case 120.000 galegos reflectirase agora na figura de Néstor Rego, "unha persoa con experiencia, visión política, rigor e seriedade", apunta Ana Pontón, uns "valores" que ao seu xuízo son moi "importantes" nos tempos da "política líquida".

O Consello Nacional do BNG en Santiago. BNG
O Consello Nacional do BNG en Santiago. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Se equivocó la paloma.... Non saben contar? 119.000 BNG / 114.000 VOX O mellor de todo é o CHISTE : Néstor Rego persoa con experiencia, visión política, rigor e seriedade (?) e volverán meter a pata despois de 55 anos? UPG UPG UPG "Merda" !!!