Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/11/2019 | Actualizada ás 18:52
"Vimos falar de lodo, de lodos, de detritus e de podremia. Algún pensará que podemos estar a falar do Partido Socialista". Así iniciou a súa intervención ante a Cámara o deputado do PPdeG Gonzalo Trenor para defender unha proposición non de lei sobre o saneamento da ría do Burgo, na Coruña.
A iniciativa, debatida na tarde deste martes na sesión plenaria que acolle o Parlamento de Galicia, propón reclamar información ao Goberno central sobre os avances para o dragado da ría do Burgo e que se comprometan a buscar os fondos europeos para esta actuación, así como a definición dun cronograma "realista" para a súa execución.
"É verdade, quen ten capacidade para falar de detritus e lixo é o PP: o único partido condenado por corrupción", espetou na súa intervención Begoña Rodríguez Rumbo (PSOE) na súa quenda de palabra durante un pleno que, ao longo deste martes, estivo marcado pola rifa entre os deputados do grupo maioritario e os da oposición, especialmente naqueles puntos relacionados coa violencia de xénero.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.