Detidos dous veciños de Marín pola venda polo miúdo de cocaína

Segundo informou a Policía Nacional, na propia vivenda dos detidos realizábanse as vendas e, á súa vez, o "consumo in situ da droga por parte dos compradores que acudían alí".

Por E.P. | PONTEVEDRA | 20/11/2019 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Nacional de Pontevedra, en colaboración coa Comisaría de Marín, detiveron a dous veciños deste segundo municipio de 47 e 53 anos, e con antecedentes policiais, por de un delito de tráfico de drogas pola venda polo miúdo de cocaína, heroína, haxix e marihuana a terceiras persoas que a diario frecuentaban o domicilio.

Segundo informou a Policía Nacional, na propia vivenda dos detidos realizábanse as vendas e, á súa vez, o "consumo in situ da droga por parte dos compradores que acudían alí".

As informacións iniciais remóntanse ao mes de maio cando asociacións de veciños, cidadáns anónimos, axentes policiais doutras unidades e policías locais denunciaron e deron traslado ao Grupo de Tráfico Medio de Estupefacientes de Pontevedra unhas informacións nas que se puña en coñecemento que nun domicilio de Pontevedra se podería estar a vender droga "polo miúdo".

Todo iso xeraba, destacan as mesmas fontes policiais, entre os veciños "unha situación de inseguridade na zona pola gran afluencia ao lugar de persoas alleas", supostamente toxicómanos, que, en ocasións, tiñan enfrontamentos entre eles na vía pública.

En base ás devanditas informacións, así como ás actuacións dos radiopatrullas, axentes do Grupo de Tráfico Medio da Comisaría de Pontevedra, xunto con axentes da Policía Nacional de Marín, iniciaron as pescudas que desembocaron na incautación de varias vendas de pequenas cantidades de heroína e cocaína a outros tantos compradores.

Garda Civil. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA
Garda Civil. GARDA CIVIL DE PONTEVEDRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta