Mexillón de Galicia inicia a tramitación para obter a certificación internacional de pesca sustentable

Tal e coma explicou o presidente do Consello, a necesidade de emprender "este novo camiño" vén dada "para acreditar a través dunha certificación internacional e independente o compromiso do sector mexilloeiro coa sustentabilidade e o respecto ao medio mariño".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/11/2019 | Actualizada ás 17:38

Comparte esta noticia

O Consello Regulador do Mexillón de Galicia  iniciou os trámites de avaliación destinados a conseguir o selo azul MSC (Marine Stewardship Council), unha certificación internacional que garante que se trata dun produto procedente de pesca ou cultivos sustentables.

O Mexillón de Galicia inicia a tramitación para obter a certificación internacional MSC de pesca sustentable.. MEXILLÓN DE GALICIA
O Mexillón de Galicia inicia a tramitación para obter a certificación internacional MSC de pesca sustentable.. MEXILLÓN DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Segundo explicou o presidente do Consello, Francisco Alcalde, a necesidade de emprender "este novo camiño" vén dada, para acreditar a través dunha certificación internacional e independente o compromiso do sector mexilloeiro coa sustentabilidade e o respecto ao medio mariño. "Uns valores que están na esencia da denominación de orixe", engadiu. Alcalde lembrou tamén que a produción de mexillón de Galicia é "unha actividade vinculada a unha orixe" que produce un alimento de calidade. "Esa calidade e esa orixe xa os temos recoñecidos baixo o paraugas da denominación de orixe protexida. Fáltanos a outra parte, a da sustentabilidade", apostilou.

O presidente de Mexillón de Galicia sinalou que tamén se tivo en conta o feito de que cada vez son máis os consumidores que á hora de elixir un determinado produto no mercado "teñen en conta que procedan de prácticas ou cultivos sustentables". Nese sentido, engadiu, Mexillón de Galicia "quere dar exemplo á hora de abrir ese camiño".

Na mesma dirección incidiu a secretaria xeral da Consellería do Mar, Isabel Cuncheiro, quen felicitou ao sector mexilloeiro por emprender este reto á vez que manifestou o seu desexo de que a consecución desta certificación sirva para evidenciar aínda máis que "o mexillón de Galicia é o mellor mexillón do mundo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta