Por E.P. | Santiago de Compostela | 21/11/2019 | Actualizada ás 13:43
O BNG chamou os galegos mobilizarse de forma "masiva" o vindeiro luns 25 de novembro contra os "múltiples" tipos de "violencias" que sofren as mulleres "polo simple feito de ser mulleres" e nun contexto no que "os discursos negacionistas, machistas e de odio" avanzan "a pasos axigantados"
O chamamento foi feito este xoves en rolda de prensa pola viceportavoz parlamentaria do Bloque, Olalla Rodil, quen presentou a nova campaña posta en marcha pola súa formación con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Segundo explicou, esta nova campaña consiste na imaxe dunha matrioska cunha bala no seu interior que representa "as distintas formas de violencia machista", o "físicas pero tamén as psicolóxicas".
Na súa intervención, Olalla Rodil denunciou "a violencia" que se exerce "desde a xustiza" con sentenzas como as das mandas de Pamplona ou Manresa. "Vemos como se sentencia por parte da xustiza que unha violación contra unha muller inconsciente non é nin considerada agresión sexual", censurou.
Así mesmo, cargou contra "a violencia económica" que padecen aquelas que, polo feito de ser mulleres, "perciben un salario menor que os homes"; así como contra a "violencia" que se exerce desde "os medios de comunicación e a publicidade".
"Cada vez que se nos xulga por como vestimos ou se nos presenta como obxectos hipersexualizados, cada vez que se nos paga menos por un mesmo traballo, cada vez que se nos viola e a xustiza di que non é violación vemos unha forma máis de violencia", expresou.
CAMBIOS LEGAIS
Olalla Rodil celebrou que, nos últimos anos, o movemento feminista conseguise situar no debate político asuntos como a necesidade de incluír no marco legal o concepto de consentimento. "Avanzamos moito nos últimos anos, pero necesitamos avanzar máis", apuntou.
Para iso, urxiu a modificación da lexislación española que "está por detrás" da lei galega contra a violencia machista aprobada en 2007. Así, puxo como exemplo dos atrasos da normativa estatal o feito de que só una do tres vítimas mortais do crime de Valga --a exparella-- sexa considera vítima de violencia machista.
"Fronte a todo isto queremos facer un chamamento ao conxunto da sociedade galega para que se sume ás mobilizacións convocadas polo movemento feminista o próximo 25 novembro", incidiu.
Ademais, con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o BNG, que presentou no pleno desta semana distintas iniciativas sobre esta cuestión, levará mocións a todos os concellos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.